Finalizada con éxito a “proba de carga” no Muiño de Olga

Finalizada con éxito la “prueba de carga” en O Muiño de Olga
  • A edificación poderá ser utilizada, con seguridade, como espazo educativo e lúdico
  • Aínda que as actuacións para executar especificaranse no proxecto, avánzase que serán derrubados os elementos non orixinais do muíño, como terraza e estrutura metálica situada ao sur do edificio principal, entre outros feismos

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou a “proba de carga” nas instalacións do Muiño de Olga, como paso previo ás obras de rehabilitación do edificio.

Á hora de redactar o proxecto de rehabilitación do Muiño de Olga viuse que existe unha laxa rectangular dunhas dimensións aproximadas de 6,00 X 12,70 M, no piso da planta alta de características descoñecidas e, atendendo ao uso para o que se executarán as futuras obras, no que sobre esa planta alta podería requirir sobrecargas de 500 kg/m2, proxectáronse ensaios e análises encamiñados á determinación das súas características, para tomar as decisións adecuadas acerca da necesidade ou non de reforzo.

Para iso, executouse unha proba de carga, con piscina de auga rechea en tramos de máximo 100 kg/m² e coa medición da deformada da cara inferior, entre tramos. Ademais desta, realizáronse ensaios da capacidade resistente do formigón que compón a laxa, catas para establecer e caracterizar a armadura de aceiro, con especial mención ao establecemento do tipo de aceiro, diámetro e distribución das armaduras na laxa de formigón, tanto na cara inferior como na superior, entre outros ensaios e probas, cuxo resultado foi positivo e por tanto o comportamento da edificación axústase sen problema algún aos parámetros de uso requiridos.

“Aínda que as actuacións para executar especificaranse no proxecto, avánzase que serán derrubados os elementos non orixinais do muíño, como terraza e estrutura metálica situada ao sur do edificio principal, entre outros feísmos que nos atopamos, pero moi pronto poderemos dispoñeremos de máis detalles acerca da rehabilitación do edificio, instalacións e da contorna do Muiño de Olga” concluíu o José Antonio Quiroga, presidente do Organismo de conca.

20042022_Foto.jpg

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.