A Confederación do Miño-Sil e o Concello de Ourense asinan o Convenio que posibilitará a mellora do saneamento do núcleo de Velle

La Confederación del Miño-Sil y el Concello de Ourense firman el Convenio que posibilitará la mejora del saneamiento del núcleo de Velle
  • O presidente da CHMS mostrou a súa satisfacción polo desbloqueo e firma deste Convenio, iniciado no ano 2017, que supón un investimento de 3.000.000 €
  • As obras consistirán na renovación da rede de colectores existente e a execución da infraestrutura necesaria para a súa incorporación á rede de saneamento xeral ata o seu traslado á EDAR de Reza
  • O proxecto xa está redactado e conta con informe ambiental e de patrimonio cultural favorables

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Armando Ojea, tenente de alcalde do Concello de Ourense, rubrican o Convenio de colaboración para o financiamento, execución e posterior entrega das obras de mellora do saneamento e depuración de augas residuais en Velle, T.M. de Ourense.

José A. Quiroga sinalou que este proxecto, que supón un investimento de máis de 3.000.000 €, será sufragado ao 50% entre ambas as administracións, en aras da colaboración institucional que este Organismo de conca brinda aos distintos concellos que presentan deficiencias nos seus sistemas de depuración, que minguan a calidade da auga dos nosos leitos fluviais.

O proxecto

No momento actual, a rede de saneamento dunha parte da parroquia de Velle non está conectada ao sistema xeral de saneamento de Ourense, dispoñendo de catro fosas sépticas cuxo funcionamento resulta ser moi deficiente e provoca recorrentes verteduras ao rio Miño, augas arriba do encoro de Velle, o que podería afectar á toma de auga potable situada na marxe esquerda do río.

Ademais, a situación destas fosas en lugares de complicado acceso dificulta enormemente o seu mantemento e explotación.

As obras consistirán na renovación da rede de colectores existente e a execución da infraestrutura necesaria para a súa incorporación á rede de saneamento xeral da cidade, ata o seu traslado á EDAR de Reza.

O proxecto está redactado e conta con informe ambiental e de patrimonio cultural favorables, e todo preparado para o inicio do procedemento expropiatorio.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.