A Confederación Miño-Sil mellora a capacidade hidráulica do Rego do Val Pedroso ao seu paso por Baleira (Lugo)

La Confederación Miño-Sil mejora la capacidad hidráulica del Rego do Val Pedroso a su paso por Baleira (Lugo)
  • É un tramo de máis de 5 km. que presenta unha importante cantidade de árbores e ramas caídas no leito e que forman tapóns en infraestruturas de paso
  • Os traballos, iniciados o 1 xullo, prolongaranse ata os primeiros días de agosto
  • O investimento estimado supera os 30.000 euros

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mellora a capacidade hidráulica do afluente do río Neira, Rego do Val Pedroso, en Baleira (Lugo).

O tramo de actuación comprende unha lonxitude total de 4970 metros lineais nos cales se mellorará a conectividade lonxitudinal do leito mediante a retirada de árbores caídas e con risco de caída ao leito, que están a provocar tapóns nas obras de paso pola acumulación de restos arbóreos, afectando ao normal discorrer das augas.

Ademais, realízanse rozas selectivas de matogueira perimetral, poda e clarexo de ramas baixas.

As árbores secas e troncos retíranse con tractor pluma ou cabrestante desde un punto fixo situado na beira ou marxe do leito, nunca desde o medio do leito, e o resto de actuacións execútanse de forma manual.

No caso de curtas de amieiros, aplícanse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.

Estes traballos iniciáronse o 1 de xullo e está prevista a súa finalización durante a primeira semana de agosto.

O investimento estimado supera os 30.000 euros.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.