A CHMS solucionará a problemática de saneamento do Barco de Valdeorras

La CHMS solucionará la problemática de saneamiento de O Barco de Valdeorras
  • A entrada incontrolada de auga limpa na rede provoca o mal funcionamento da planta depuradora, ao recibir grandes caudais que dificultan o proceso de depuración, coa consecuente vertedura contaminante ao río
  • Actualmente atópase en licitación o contrato para a elaboración dun estudo pormenorizado da rede e a redacción do proxecto construtivo
  • O investimento inicial supera os 103.000 euros

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, elaborará un estudo da rede de saneamento que verte á EDAR do Barco de Valdeorras.

Neste documento definiranse e valorarán as alternativas para solucionar o problema de entrada de auga limpa á rede e redactarase o correspondente proxecto construtivo que defina aquela das alternativas que resulte ser máis adecuada, incluíndo, ademais, posibles melloras operativas na planta depuradora.

Esta entrada incontrolada de auga limpa na rede de saneamento municipal provoca o mal funcionamento da planta depuradora, ao recibir grandes caudais que dificultan o proceso de depuración coa consecuente vertedura de substancias contaminantes ao río Sil.

Actualmente atópase en licitación o contrato para a elaboración do estudo da rede e a redacción do proxecto construtivo, por importe de 103.088 €; o pasado venres, 2 de xullo, finalizou o prazo para a presentación de ofertas.

Unha vez culmine o proceso de licitación, a empresa que resulta adxudicataria dispoñerá de 8 meses para a realización destes traballos. A partir deste intre, a CHMS e o Concello do Barco subscribirán un convenio de colaboración que posibilitará a execución das obras necesarias para solucionar a problemática de verteduras recorrentes ao río Sil.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.