Mañá comeza a exposición pública do proxecto de mellora da capacidade de desaugadoiro do Regueiro de Forcadela ao seu paso polo Barco de Valdeorras

Mañana comienza la exposición pública del proyecto de mejora de la capacidad de desagüe del Regueiro de Forcadela a su paso por O Barco de Valdeorras
  • O obxectivo é solucionar a problemática de avenidas extraordinarias e recuperar o DPH degradado
  • Para estas obras a CHMS estima un investimento de 233.000 euros
  • Publicado no BOP e no BOE os días 18 de maio e 3 de xuño, respectivamente, o prazo de IP finaliza o 1 de xullo

A CHMS, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, somete a información pública (IP) o “Proxecto de mellora da capacidade de desaugadoiro e recuperación do dominio público hidráulico no Regueiro de Forcadela no Barco de Valdeorras (Ourense)".

O obxectivo é protexer a zona urbana contra as avenidas extraordinarias e recuperar a zona de Dominio Público Hidráulico, hoxe degradado e perdido baixo a praza onde se situarán as obras de protección.

O período de información pública, 20 días hábiles, comprende desde o 4/06/2021 ao 1/07/2021 (ambos inclusive).

Antecedentes

O Regueiro de Forcadela cruza inferiormente a estrada N-120 xusto antes de entrar ao núcleo urbano do Barco de Valdeorras; nese paso, o arroio discorre aberto en forma de canle hormigonado e á saída cambia a sección enterrada, formando en planta un ángulo moi pechado.

Nese brusco ángulo, onde o arroio pasa de sección aberta a pechada, o arroio desbórdase con frecuencia, chegando a auga ás edificacións lindeiras, moitas delas vivendas habitadas; ademais, o tramo aberto está sometido a unha gran presión por mor da súa natureza urbana, con muros de pedra con risco de caída no dominio público hidráulico, franxas do leito hormigonado e en xeral pedras e restos de formigón e vellas tubaxes que lle confiren un estado con certa degradación.

Descargar PDF

Anuncio BOE

Anuncio BOP Ourense

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.