
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, emendará as deficiencias de saneamento do núcleo de San Cristobo no municipio ourensán de Ribadavia.
Hoxe foi rubricado o Convenio de colaboración entre o presidente do organismo de conca, José Antonio Quiroga, e a alcaldesa do municipio, Noelia Rodriguez; este convenio ten por obxectivo o determinar as condicións de financiamento e execución das obras e a súa posterior entrega ao concello.
O obxectivo da actuación recóllese no “Proxecto de renovación de canalizacións na zona de San Cristovo de Ribadavia” e consistirán na execución das obras necesarias para a renovación de servizos (saneamento, pluviais, abastecemento e rede eléctrica, principalmente) e pavimentos no tramo desta rúa situado entre a rúa Campo de Fútbol e a rúa do Muiño, aproximadamente nos PPKK 1+800 e 2+350 da estrada OU-504, nas proximidades de Regodeigón, dunha lonxitude duns 550 m.
O investimento necesario estímase en 788.000 € dos cales 630.400 € serán achegados pola CHMS e os 157.600 € restantes polo concello de Ribadavia, o que corresponde cunhas porcentaxes de cofinanciamento do 80% e 20% respectivamente.