O Goberno aproba un Real Decreto para mellorar a seguridade para presas e encoros

El Gobierno aprueba un Real Decreto para mejorar la seguridad para presas y embalses
  • Establece as esixencias mínimas de seguridade para presas e encoros, graduándoos por tamaño e polos danos potenciais que poidan ocasionar augas abaixo
  • O novo regulamento acaba coa dobre normativa vixente ata o momento
  • Ademais, determina os estudos, comprobacións e actuacións que o titular debe efectuar en cada unha das fases de vida da presa

O Consello de Ministros, a proposta conxunta do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) e do Ministerio do Interior, aprobou hoxe o Real Decreto polo que se aproban as normas técnicas de seguridade para as presas e os seus encoros. Este documento establece as esixencias mínimas de seguridade para presas e encoros, graduándoas por tamaño e polos danos potenciais que poidan ocasionar augas abaixo. Ademais, determina os estudos, comprobacións e actuacións que o titular debe cumprimentar en cada unha das fases de vida da presa.

O texto establece tres novas Normas Técnicas de Seguridade. Unha relativa á clasificación de presas e encoros, e a elaboración e implantación dos seus plans de emerxencia. Outra determina os requisitos esixibles para o proxecto, construción e posta en carga das presas e o enchido dos encoros. Esta norma será obrigatoria a partir da entrada en vigor do Real Decreto para a redacción de novos proxectos e servirá de marco de referencia obrigatorio para as presas en explotación, xunto ao historial de comportamento das mesmas.

E, finalmente, unha norma sobre explotación, revisións de seguridade e posta fora de servizo das presas, que obriga a que todas estas infraestruturas dispoñan do preceptivo manual de “Normas de Explotación”.

Deste xeito dáse cumprimento ao artigo 364 do anterior Real Decreto no que se aprobaba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico que establece a necesidade de que as Normas Técnicas de Seguridade sexan aprobadas por Real Decreto.

PRINCIPAIS NOVIDADES

O Real Decreto aprobado este martes acaba coa dobre normativa que existía ata o momento. Unha Instrución de 1967 regulaba a construción e explotación das grandes presas particulares. Doutra banda, un Regulamento Técnico de 1996 establecía os parámetros de seguridade das presas estatais. Deste xeito, unifícase toda a normativa en vigor e acaba coa situación de transitoriedade na que coexistían os anteriores regulamentos, que impoñían distintas esixencias e requisitos de seguridade.

Do mesmo xeito, a partir de agora a norma aplicarase tanto ás presas catalogadas como grandes (as dunha altura maior de 15 metros ou as que teñen entre 10 e 15 metros pero almacenan máis de 1 hm3 de auga) como ás que, a pesar de non ser grandes presas, foron categorizadas como A ó B. É dicir, aquelas cuxa cava ou funcionamento incorrecto puidese afectar gravemente a núcleos urbanos ou servizos esenciais, e tamén aquelas susceptibles de ocasionar danos materiais ou ambientais importantes.

As tres novas normas abarcan todos os requisitos de seguridade que requiren as presas en todas as fases da súa vida, o que implica que os titulares das presas terán un catálogo completo de pautas a seguir para garantir a seguridade da presa non só durante os primeiros tempos de explotación, senón, no caso de presas vinculadas ao aproveitamento hidroeléctrico, durante a vixencia da concesión e tamén no momento o que se reverta á administración, unha vez extinguido o período de operatividade.

NOVOS REQUISITOS DE SEGURIDADE

O control de todos os requisitos de seguridade será xestionado pola Administración competente en materia de seguridade de presas e encoros.

Por unha banda, reforzarase o papel e ampliaranse as competencias do Comité de Implantación dos Plans de Emerxencia de Presas. Os encoros e presas de Categorías A ou B deberán contar co seu propio Plan de Emerxencia. Tamén se abre a porta ao uso de sistema de avisos á poboación máis modernos e igual de eficaces que as sirenas que viñan usando ata a data.

Impulsarase a vixilancia das presas en explotación, a través de revisións periódicas de seguridade por parte de equipos independentes do titular e dos distintos plans de inspección e mantemento vixentes.

Todas estas revisións deberán quedar documentas e arquivadas para que poidan ser consultadas polas Administracións competentes en materia de seguridade de presas.

Nunha segunda fase, aprobaranse mediante outro Real Decreto, as Normas Técnicas de Seguridade relativas ás Balsas.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.