
Neste ano hidrolóxico 2020/21, que comezou o 01 de outubro de 2020, a precipitación acumulada media na provincia de Lugo a día de hoxe é 847,8 l/m2, un 10 % por encima da media histórica, 770 l/m2.
Na última semana rexistráronse 0,3 l/m2 e, por meses, destaca novembro como seco e decembro, xaneiro e febreiro como húmidos.
En relación cos encoros da provincia, atópanse ao 82,65 % da súa capacidade máxima, un 2,65 % menos que a semana anterior; este volume é un 0,57 % menor que a cantidade de auga embalsada hai un ano, 83,22 %, e un 3,27 % maior que a enchida media histórica nestas datas do ano, 79,38 %.
Os encoros da parte galega da demarcación Miño-Sil están ao 80,39 %, o que supón un 2,7 % menor que a cantidade de auga embalsada hai un ano, 83,09 %,
No relativo aos caudais circulantes, segundo os datos recibidos nas estacións de control da provincia que chegan ao Centro de Control de Conca (CECU) da CHMS, atópanse un 34,3% por baixo da media histórica.
“Desde a CHMS queremos lembrar que os recursos naturais son limitados e que todos deberiamos de asumir a responsabilidade individual de conservación dos mesmos, fomentando actitudes respectuosas co medio ambiente e co consumo de auga para evitar, no país dos mil ríos, períodos de seca estival”, matizou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.