
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, emendará as deficiencias de sanemiento do núcleo de Valdemiotos en Parada de Sil (Ourense).
Hoxe foi rubricado o Convenio de colaboración entre o presidente do organismo de conca, José Antonio Quiroga, e o alcalde do municipio, Aquilino Domínquez; este convenio ten por obxectivo determinar as condicións de financiamento e execución das obras de construción dunha nova EDAR e a súa posterior entrega ao concello.
O Proxecto
O núcleo de poboación de Valdemiotos conta cunha poboación estable duns 20 habitantes e alcanza os 30 habitantes durante a tempada estival, sen un sistema de depuración adecuado; o obxectivo da actuación é a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) que dea cobertura necesaria e evite vertidos non autorizados ao río.
O proxecto será redactado pola CHMS e consistirá na construción dunha nova EDAR dimensionada para unha poboación de 30 habitantes equivalentes, dotada de pretratamiento, decantador-digestor, filtro biolóxico, arqueta de control e gabia drenante, dado que o leito máis próximo é a cabeceira do río Edrada polo que non circula auga en tempo seco. O proxecto incluirá, ademais, a demolición da fosa existente.
O investimento total necesario estímase en 79.000 €, que serán sufragados en porcentaxe 80% pola CHMS e o 20% restante polo Concello.