O Goberno reforza as súas actuacións para mellorar a información xeográfica sobre a rede hidrográfica no territorio da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil

El Gobierno refuerza sus actuaciones para mejorar la información geográfica sobre la red hidrográfica en el territorio de la Demarcación Hidrográfica del Miño-Sil
  • Asinouse un convenio entre o Centro Nacional de Información Xeográfica e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, co fin de actualizar e consolidar a Información Xeoespacial de Referencia de Hidrografía.
  • O convenio, que supoñerá a achega de traballos por un total de 74.736.36 euros, é un exemplo de optimización dos recursos públicos a partir da colaboración entre organismos autónomos de dous departamentos ministeriais distintos.
  • Dotarase ao territorio da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil dunha Información Xeoespacial completa, de precisión e actualizada, a través dun conxunto de medidas dirixidas a axudar a coñecer os efectos das inundacións e das situacións de seca, tendo en conta o cambio climático.

O Centro Nacional de Información Xeográfica (CNIG), adscrito ao Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma), e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS, O.A.), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, asinaron un convenio co obxecto de levar a cabo actuacións conxuntas para asegurar a calidade da base xeométrica espacial de hidrografía e os modelos dixitais hidrolóxicos no territorio da CHMS, O.A.

O convenio asínase con vixencia ata o 31 de decembro de 2021, con posibilidade de prórrogas ata catro anos máis. Supoñerá a achega de traballos por un total estimado de 74.736,36 euros, dos que o CNIG achegará traballos por un valor de 40.493,65 euros e a CHMS de 34.242,71 euros. Ademais, CHMS, asumirá o custo de traballos por un valor de 39.184,19 euros.

A actuación contribúe á mellora da Información Xeoespacial de Referencia de Hidrografía, dirixida a garantir a coherencia entre os datos INSPIRE (Directiva 2007/2/CE) e os datos da Directiva Marco da auga (DMA) no territorio da CHMS, O.A., xerada por procedementos automáticos a partir dos datos altimétricos procedentes das coberturas Lidar que proporciona o Plan Nacional de Observación do Territorio, coordinado polo Instituto Xeográfico Nacional (Dirección Xeral a través da cal se adscribe o CNIG ao Mitma).

A partir desta información, o CNIG está a promover, xunto co impulso da Dirección Xeral da auga (Miteco), a xeración dunha base xeométrica unificada entre a Administración Xeral do Estado e a CHMS, O.A. cos datos de interese para a Planificación Hidrolóxica de Terceiro Ciclo (Plan Hidrolóxico 2021-2027) que, en termos de rede hidrográfica, supoñen aproximadamente un 15% do total dentro da Demarcación, e co obxectivo, á súa vez, de actualizar a rede hidrográfica neste territorio.

131120 mapa demarcaciones en galicia

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.