O presidente da CHMS e o subdelegado do Goberno supervisan os traballos de restauración hidrolóxico-forestal da zona afectada polo incendio de O Xurés (Lobios-Ourense) nas que o Estado investirá máis de 110.000 euros

El presidente la CHMS y el subdelegado del Gobierno supervisan los trabajos de restauración hidrológico-forestal de la zona afectada por el incendio de O Xurés (Lobios- Ourense) en las que el Estado invertirá más de 110.000 euros
  • “Actuación de emerxencia no Parque da Baixa Limia, Serra do Xurés para tratar de paliar e evitar unha maior degradación desta xoia natural e paisaxística” explicou o presidente
  • “Traballamos contra reloxo para reducir a erosión e o transporte de chan fértil, xerando ao mesmo tempo microhábitats que permitirán o desenvolvemento de vexetación futura” matizou Quiroga
  • As técnicas utilizadas consisten na construción de albarradas (pequenos muros de retención) de pedra ou madeira, e feixes de troncos e ramas

Jose Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, acompañados pola alcaldesa de Lobios, Maria del Carmen Yañez, visitaron os traballos de restauración hidrolóxico-forestal da Serra do Xurés, zona devastada polo incendio que afectou a máis de 2.000 hectáreas deste municipio ourensán.

“Actuación de emerxencia no Parque da Baixa Limia, Serra do Xurés para tratar de paliar e evitar unha maior degradación desta xoia natural e paisaxística” explicou o presidente

“Estamos ante unha zona montañosa con fortes pendentes onde se reduciu drasticamente a cuberta vexetal, polo que o efecto erosivo laminar polas ladeiras provocará importante fluxo de líquidos e sólidos cara aos leitos, coa consecuente degradación dos ecosistemas fluviais, ademais de problemas por arrastres e tapóns en infraestruturas e poboacións augas abaixo da zona queimada” engadiu Quiroga.

“Traballamos contra reloxo para reducir a erosión e o transporte de chan fértil, xerando ao mesmo tempo microhábitats que permitirán o desenvolvemento de vexetación futura, e igualmente, reducirán a carga de sólidos cara aos leitos principais” matizou Quiroga.

Actuacións en execución

Con motivo do grave dano ambiental provocado polo incendio do pasado setembro, que afectou o Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés nunha superficie de aproximadamente 2.000 hectáreas, dentro dos Montes Veciñais en Man Común de Serra de Lobios e Nichos e Serra do Xurés, esta Confederación Hidrográfica do Miño-Sil programou actuacións urxentes para a Restauración Hidrolóxico-Forestal da zona, centrados en leitos e torrentes, co obxectivo de frear a erosión laminar e reducir a sobrecarga de cinzas e chan fértil cara aos leitos.

“As actuacións consisten na execución de feixes de ramas, suxeitas con rolos de madeira queimada, en zonas próximas a gabias, torrentes e regatos; así mesmo, constrúense albarradas (pequenos muros de retención) con madeira queimada e/ou pedras en gabias e torrenteiras, todo iso axudará a frear o transporte de sedimentos, estabilizar o leito e as marxes, e diminuír a enerxía potencial da auga e, por tanto, o seu poder erosivo. Ambas as actuacións executaranse dentro do perímetro do incendio, centrándonos en zonas de cabeceira e de maior afección” explicou, José Carlos Bueno, técnico da Comisaría de Augas da CHMS.

A día de hoxe foron executados 130 tramos de albarradas de pedra e 30 de madeira, así como 50 tramos de feixes de troncos e ramas, ademais, procedeuse á limpeza de troncos, árbores e restrollos queimados presentes na zona de actuación.

“Estas actuacións deberían de complementarse coas que realizarán outras Administracións competentes, para que poida paliarse o desastre ambiental ocasionado polo incendio e recuperar un parque natural de tanta riqueza natural e fonte de impulso económico na provincia” engadiu o subdelegado.

A previsión da CHMS é a execución de 1000 tramos de retencións naturais, máis de 4,5 kilometros lineais, así como a realización de rozas, resalveos e podas selectivas, especialmente nas inmediacións das infraestruturas de paso, eliminando os pés mortos e aqueles con estabilidade comprometida ou que invadan o centro do leito; actuacións que se executarán tanto dentro do contorno do incendio, como augas abaixo deste.

Estes traballos están a ser executados por tres brigadas forestais en colaboración coas Xuntas dos Montes Veciñais en Man Común de Serra de Lobios e Nichos e Serra do Xurés. O investimento previsto superará os 110.000€.

29102020 Xures

29102020 Xures1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.