A CH Miño-Sil anuncia a información pública do proxecto de mellora de saneamento do núcleo de Bentraces (Barbadás)

La CH Miño-Sil anuncia la información pública del proyecto de mejora de saneamiento del núcleo de Bentraces  (Barbadás)

O BOE de hoxe publica a dispoñibilidade do documento para consulta e o prazo de vinte días hábiles para formular alegacións

Segundo convenio asinado en decembro de 2019, a CHMS achegará o 70% do investimento, e o Concello de Barbadás sufragará o 30% restante

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, somete a información pública o "Proxecto de saneamento do núcleo de Bentraces - TM de Barbadás (Ourense)", tal e como publica o BOE de hoxe, no que se anuncia o prazo de vinte días hábiles para a formulación de alegacións ou observacións.

Problemática actual

O núcleo de Bentraces carece dunha rede integral de saneamento provocando a existencia de verteduras ao regacho do Barreiro polo que urxe a necesidade de definir de maneira detallada unha actuación global que elimine a contaminación directa do medio.

O novo proxecto

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil procedeu á redacción dun proxecto construtivo que estude, defina e valore as actuacións necesarias para a mellora e optimización da rede de saneamento actual.

A actuación consistirá, principalmente, na definición dunha nova rede de saneamento composta por un colector principal de PVC de 315 mm de diámetro, 19 pozos de rexistro e unha lonxitude de 578,597 m. Como complemento ás actuacións descritas, proxéctanse catro eixos secundarios conectados ao colector principal para dar servizo a aquelas vivendas que actualmente carecen de saneamento.

Estes traballos supoñerán un investimento estimado de 163.435 euros.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.