O presidente da CHMS crea unha comisión de seguimento para dar solución temporal á problemática do regadío da Limia

El presidente de la CHMS crea una comisión de seguimiento para dar solución temporal a la problemática del regadío de A Limia
  • Hoxe mantivo un encontro con 4 Comunidades de Regadores da Limia: Corno do Monte, San Salvador de Sabucedo, Alta Limia e Lamas–Ganade
  • A CHMS asesorará ás CCRR na legalización de pozos a través dos que poder regar con garantía legal
  • “Esta solución é necesaria nunha comarca cuxa actividade económica xira en torno ao campo” explicou Quiroga

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mantivo un encontro coas Comunidades de Regadores da Limia, Corno do Monte, San Salvador de Sabucedo, Alta Limia e Lamas–Ganade, co interese de dar solución á problemática de regadío na zona.

“Estamos ante unha solución temporal, previa á necesaria modernización do regadío, nunha zona cuxa actividade económica xira en torno ao campo. As comunidades de regadores levan anos demandando unha solución para unha comarca con singularidade propia”, comentou o presidente da CHMS.

“A modernización do regadío é a solución a medio prazo, supón un investimento importante e a execución da mesma require dun proxecto pormenorizado, a súa correspondente tramitación administrativa e un prazo de execución, mentres tanto a solución temporal levará a cabo coa creación dunha Comisión de Seguimento a través da CHMS asesorará ás CCRR na tramitación de pozos que faciliten a rega das parcelas con garantía legal, evitando así as extraccións ilegais de auga” explicou Quiroga.

“Desde o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico estamos en disposición de avanzar nesta problemática e habemos de buscar, xunto cos regadores, a solución idónea que permita manter a actividade económica da comarca sen poñer o perigo o medio ambiente”, concluíu Quiroga.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.