
José Antonio Quiroga, presidente de Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Antonio Puga, alcalde de Celanova, mantiveron unha reunión de traballo para concretar as actuacións para acometer en “A Corga de Sampil”.
Durante o encontro, no que estiveron acompañados por membros do grupo de goberno da vila, concretaron a execución dun paseo de 800 metros que unirá o Areal, na contorna das piscinas municipais, e Mourillons.
“En concreto, trátase de habilitar un roteiro de paseo á beira do rio Sampil como zona de expansión de Celanova, para realzar os valores ambientais do lugar. Ademais, rehabilitásense os espazos etnográficos que se atopan na zona do paseo” concretou Quiroga.
A Confederación iniciará nestes días a redacción do proxecto técnico do roteiro, como paso previo á firma do correspondente convenio de colaboración entre a administración local e a CHMS.