A Confederación do Miño-Sil mellora a capacidade de desaugadoiro do arroio de Sampil ao seu paso polo centro urbano de Celanova (Ourense)

La Confederación del Miño-Sil mejora la capacidad de desagüe del arroyo de Sampil a su paso por el casco urbano de  Celanova (Ourense)
  • Na contorna das piscinas públicas as ramas presentan risco de caída sobre o peche perimetral da instalación e nalgunhas zonas concretas a vexetación invade parte do leito
  • Estas actuacións están incluídas nos contratos de mellora e restauración de leitos programados para 2020

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa os traballos de limpeza de ríos na provincia de Ourense.

Esta semana a CHMS continua as actuacións iniciadas no regato Campolongo en Carballeda de Avia; e nos ríos Limia en Xinzo, Miño en Ourense e Arnoia en Celanova; neste mesmo municipio comezouse unha actuación no “regato ou corga” de Sampil, afluente do río Ourille, para mellorar a súa capacidade o seu desaugadoiro minguada pola presenza de gran cantidade de vexetación arbórea e arbustiva que invade parte do leito.

Por outra banda, detectouse importante presenza de árbores secas en pé e con risco de caída e outros tombados que producen taponamento en infraestruturas de paso; ademais, na zona das piscinas públicas as ramas invaden o peche perimetral e poderían caer sobre as instalacións.

Para solucionar esta problemática xeral, estase a traballar no acondicionamento e limpeza do leito en dominio público hidráulico e zona de servidume, incluíndo poda e clareo de ramas baixas, tala, partido, amontoado e retirada das árbores secas presentes no tramo, especialmente nas inmediacións das infraestruturas de paso e na contorna da piscina.

Os traballos descritos, que abarcan 1,6 km de leito e que se prolongarán ata a segunda quincena de xullo, están a ser executados por 1 brigada composta por catro operarios especializados e un capataz. O investimento previsto supera os 13.000 euros.

“Esta Encomenda finalizará no segundo semestre de 2020, aínda que, estamos a tramitar, do mesmo xeito que en 2019, un contrato complementario de reforzo que dea cobertura a un maior número de tramos con problemas, todo iso co ánimo de previr inundacións e avenidas que puidesen afectar as persoas e os seus bens” concluíu o presidente.

300620 CorgaDeSampil

300620 CorgaSampilPiscinas

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.