O presidente da CH Miño-Sil e a alcaldesa de Vilalba avanzan na procura de solucións para mellorar o saneamento e depuración do municipio

El presidente de la CH Miño-Sil  y la alcaldesa de Vilalba avanzan en la búsqueda de soluciones para mejorar el saneamiento y depuración del municipio
  • Quiroga comprometeuse a colaborar co Concello co ánimo de evitar as frecuentes verteduras de augas residuais ao río Magdalena
  • O punto de partida é a redacción dun estudo que indique claramente onde están as deficiencias e que achegue a información necesaria das actuacións para executar e o importe das mesmas

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, reuniuse coa alcaldesa de Vilalba, Elva Veleiro, para avanzar nas solucións que melloren o saneamento e depuración da vila e tamén da parroquia de Goiriz, co ánimo de evitar verteduras incontroladas.

“O meu compromiso coa alcaldesa é buscar solución á problemática exposta a través dun estudo que nos indique claramente onde están as deficiencias que impiden a adecuada depuración e achéguenos a información necesaria das actuacións para executar e o importe das mesmas, para proceder á redacción do proxecto construtivo.” explicou Quiroga.

“A priori, a problemática que detectamos é a entrada de augas limpas á rede o que provoca saturación e diminución do rendemento da EDAR actual; por iso, sería necesario mellorar os colectores e ampliar a capacidade de depuración” matizou o presidente.

"Este foi un primeiro encontro, a solicitude da alcaldesa da localidade, que se materializará na redacción do estudo previo á firma dun Convenio de Colaboración que estableza as condicións para o financiamento (cofinanciamentos e porcentaxes), execución, mantemento, conservación e posterior entrega das obras necesarias para solucionar a problemática de verteduras ao río Magdalena, que vén de lonxe, e que é urxente evitar” concluíu Quiroga.

200618 Vilalba

200618 Vilalba-1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.