CHMS e Concello de Lugo solucionarán a problemática de inundacións do río Rato en zona da glorieta de Paradai

CHMS y Concello de Lugo solucionarán la problemática de inundaciones del rio Rato en zona de la glorieta de Paradai
  • Este problema xorde por unhas obras executadas no ano 2015 pola Xunta de Galicia, sen a preceptiva autorización, que alteraron o comportamento e extensión da chaira de inundación do río
  • Hoxe foi asinado o Protocolo de colaboración previo ao Convenio que posibilitará estas actuacións
  • O investimento estimado superará os 650.000 euros, que será sufragada nun 75% pola CHMS e o 25% restante polo Concello

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e a alcaldesa de Lugo, Lara Mendez, rubricaron esta mañá o Protocolo de colaboración, previo ao Convenio que dará solución aos problemas de inundacións que sofren, desde o ano 2015, os veciños próximos á Rotonda de Paradai.

Antecedentes e problemática

As “Obras de infraestrutura viaria en Lugo; Ponte Paradai - Rúa Serra de Meira”, executadas pola Xunta de Galicia no ano 2015, sen a preceptiva autorización administrativa, alteraron o comportamento e extensión da chaira de inundación do río Rato nas zonas adxacentes á glorieta de Serra de Meira, provocando, mesmo para a avenida de 10 anos de período de retorno, un maior risco de inundación das vivendas alí existentes con respecto á situación anterior.

Tal situación supón un incumprimento do establecido no artigo 9 ter. a) e b) do Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico e conlevou a incoación dun expediente sancionador por parte da Comisaría de Augas do Organismo.

O novo proxecto

O obxectivo do proxecto é mellorar a capacidade de desaugadoiro do tramo canalizado do río Rato na contorna da glorieta da rúa Serra de Meira, actuando sobre a sección canalizada do tramo situado augas arriba do caixón de formigón que discorre baixo a calzada, para aumentar a súa capacidade modificando a xeometría actualmente existente. No mesmo proxecto estudarase a procedencia de actuar no tramo de río canalizado augas abaixo da glorieta.

Con estas actuacións darase solución aos problemas da rotonda que une Serra de Meira coa ponte de Paradai, obra que foi executada pola Xunta de Galicia sen a preceptiva autorización e que este Organismo de conca paralizou ao non ser legalizable.

“Hoxe formalizamos de novo o noso compromiso coa cidade de Lugo nunha actuación moi importante e moi demandada polos veciños desde hai anos”, explicou Quiroga.

O investimento total necesario para estas actuacións estímase en seiscentos cincuenta mil euros (650.000,00 €), que serán sufragados nun 75% pola CHMS e o 25% restante polo Concello de Lugo.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.