A CHMS realiza unha xornada virtual de explicación do Esquema Provisional de Temas Importantes da demarcación do Miño-Sil

La CHMS realiza una jornada virtual de explicación del Esquema Provisional de Temas Importantes de la demarcación del Miño-Sil
  • O  EpTI é a segunda das tres etapas das que consta a elaboración do novo Plan Hidrolóxico e contén a descrición e valoración dos principais problemas actuais e previsibles da demarcación relacionados coa auga e as posibles alternativas de actuación para solucionalos
  • Na  DHMS consideráronse 16 temas importantes divididos en catro bloques, cumprimento de obxectivos ambientais, atención das demandas e racionalidade do uso, seguridade fronte a fenómenos meteorolóxicos extremos e coñecemento e  gobernanza

A Confederación  Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, realizou unha Xornada divulgativa virtual sobre o contido do Esquema Provisional de Temas Importantes da Demarcación, segundo fito do terceiro ciclo do proceso de planificación 2021-2027 tras a elaboración dos documentos iniciais (xa finalizados) e base do Novo Plan Hidrolóxico. 

Esta xornada enmárcase dentro do proceso de participación pública que está a permitir a toda a cidadanía dar a coñecer as súas suxerencias ou propostas a este documento que se atopan en exposición pública; na mesma participaron, José Antonio Quiroga Díaz, Presidente do Organismo e Carlos Ruiz do Portal, Xefe da Oficina de Planificación Hidrolóxica. 

A continuación, abriuse unha quenda de preguntas para que os asistentes virtuais, máis de 320 conectados, puidesen expor dúbidas para, atendendo á limitación de tempo da xornada, puidesen ser respondidas durante a mesma e outras a través do correo da Oficina de Planificación Hidrolóxica.

Estas preguntas son independentes das achegas que poida realizar no seo do proceso de consulta pública aberto mediante o Anuncio da Dirección Xeral da auga, do 23 de xaneiro de 2020 (BOE do 24 de xaneiro de 2020), que se estudarán e responderán ao finalizar o precitado prazo de consulta pública.

O obxectivo destas xornadas divulgativas é explicar os traballos efectuados e o resultado dos mesmos, co interese de mellorar o coñecemento da conca a través da información relevante que se xerou,  incluíndo os datos obtidos despois de novos episodios de inundación e a información dos efectos do cambio climático todo iso co interese de minimizar os efectos negativos das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, as infraestruturas, o medio ambiente e o patrimonio cultural

Esquema Provisional de Temas Importantes ( EpTI)

O Esquema Provisional de Temas Importantes consta dunha memoria e dunha ficha explicativa para cada un dos 16 temas importantes propostos, que recolle os principais problemas existentes na demarcación nas materias relacionadas coa xestión das augas e que poñen en risco o logro dos obxectivos ambientais, os sectores que os causan, as propostas de solución, quen debería de executalas e que sectores veríanse afectados polas mesmas. Definíronse 16 temas importantes separados en catro grupos segundo a temática.

  

TEMA

 

Cumprimento de obxetivos medioambientais

T.I. 01 - Alteracións hidromorfolóxicas

 
 

T.I. 02 - Usos hidroeléctricos

 

T.I. 03 - Abastecemento e protección das fontes de auga para uso urbano

 

T.I. 04 - Optimización da oferta de recursos hídricos e xestión de infraestructuras

 

T.I. 05 - Zonas protexidas. Ecosistemas acuáticos e terrestres dependentes do medio hídrico

 

T.I. 06 - Implantación do réxime de caudales ecolóxicos

 

T.I. 07 - Contaminación urbana e industrial

 

T.I. 08 - Contaminación difusa

 

T.I. 09 - Xestión forestal

 

 

T.I. 10 - Contaminación mineira e outras alteracións morfolóxicas

 

T.I. 11 - Chans contaminados

 

Atención das demandas e racionalidade do uso

T.I. 12 - Ordenación e control do dominio público hidráulico

 

T.I. 13 - Recuperación de costes e financiación

 

Seguridade frente a fenómenos meteorolóxicos extremos

T.I. 16 - Xestión do risco de inundación

 

 

T.I. 14 - Cambio climático

 
 

Coñecemento e gobernanza

T.I. 15 - Coordinación entre administracións

 

 Durante a xornada explicouse que actualmente o estado das masas de auga da Demarcación do Miño-Sil  pode cualificarse como moderadamente aceptable; das 287 masas de auga superficiais existentes, 209 atópanse en bo estado, un 72,8 %, e o resto non o alcanzan. Das 24 masas de auga subterráneas existentes 23 atópanse en bo estado e 1 en mal estado (o  aluvial do Louro, debido á contaminación por  lindano).

Tamén se expuxo que a  DMS caracterízase pola súa alta dispersión poboacional, con 12.065 núcleos de poboación dos que 10.311 teñen menos de 50 habitantes; esta característica xera unha elevada presión sobre as masas de auga debida á extracción do recurso (21.474 puntos) e a presenza de verteduras puntuais con 2899 rexistrados en 2018 dos cales 2432 son de orixe urbana. 

Ademais incidiuse na cantidade de obstáculos que presenta esta  DHMS na que hai 91 centrais hidroeléctricas, 18 delas de máis de 50  MW e 75 de menos de 50 MW. Das 75 grandes presas, 66 están asociadas ao uso hidroeléctrico, o que xera que 59 masas de auga atópense moi modificadas.

“O  EPTI, como directriz do futuro Plan, debe contribuír a expor as medidas que nos leven a incrementar esas porcentaxes o máximo posible, tras un profundo debate entre todas as partes interesadas. Desde a  CH Miño-Sil, considérase que a participación pública é un alicerce fundamental para a consecución dos obxectivos ambientais do logro do bo estado de todas as nosas masas de auga”, explicou José Antonio Quiroga.

 “Preténdese levar a cabo un ambicioso programa de xornadas e talleres ata o fin da consulta pública do  EpTI, en principio fixado o 24 de xullo de 2020 pero xa ampliado polo menos no mesmo período equivalente á vixencia do Estado de alarma, con dúas xornadas xerais, catro talleres temáticos e sete mesas sectoriais. Durante este prazo poderanse presentar as propostas, observacións e suxerencias que se consideren oportunas por todos os interesados” concluíu o presidente.

07042020 FOTO1

Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.