
A CHMS, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, formalizou esta mañá a entrega de material de protección en stock á Comandancia da Garda Civil de Ourense. O lote entregado consta de 2600 luvas e 84 máscaras de proteccion FFP3.
“É unha pequena achega de material de uso pola gardería fluvial, na toma de mostras, e polo persoal de laboratorio, na análise das mesmas” explicou o presidente.
Jose Antonio Quiroga, presidente de Organismo de conca, púxose, desde o inicio do Estado de Alarma, ao dispor do Subdelegado do Goberno en Ourense para calquera cuestión na que puidese colaborar ou axudar.
“É necesario que todos sexamos conscientes de que só unidos e acatando as normas acabaremos co #covid19. Hoxe e sempre a colaboración Institucional é a clave para conseguir un obxectivo común en beneficio de todos” concluíu Quiroga.