O presidente da CH do Miño-Sil e o alcalde da Pastoriza sitúan “in situ” o futuro Centro de Interpretación dos Ríos

El presidente de la CH del Miño-Sil y el alcalde de A Pastoriza ubican “in situ” el futuro Centro de Interpretación de los Ríos
  • Esta infraestrutura forma parte dun proxecto global a través do que se executará unha senda fluvial desde A Lagoa de Fonmiñá ata o Pedregal de Irimia, municipios da Pastoriza e Meira, respectivamente
  • Este centro de interpretación pretende converterse nun lugar de referencia, situado nun enclave privilexiado, a través do que se divulgarán os valores dos ríos da demarcación Miño-Sil e do ecosistema que os sustenta
  • No mesmo proxecto, na zona do Pedregal de Irimia, executarase outra construción que complementará á anterior e que terá como obxectivo a divulgación dos aspectos xeolóxicos e hídricos da demarcación
  • “Queremos edificacións sinxelas, respectuosas coa contorna e construídas con materiais da zona” explicou Quiroga

Jose Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, visitou A Lagoa de Fonmiñá (Concello da Pastoriza), acompañado polo alcalde do municipio, Primitivo Iglesias, para situar “in situ” o futuro Centro de Interpretación dos Ríos.

Esta infraestrutura forma parte dun proxecto global a través do que se executará unha senda fluvial desde A Lagoa de Fonmiñá ata o Pedregal de Irimia, municipios da Pastoriza e Meira, respectivamente. O centro proxectado, que se fará realidade en 2021, pretende converterse nun lugar de referencia a través do que se divulgarán os valores dos ríos e o ecosistema que os sustenta.

Como complemento ao anterior, na zona do Pedregal de Irimia executarase tamén un Centro de Interpretación que terá como obxectivo a divulgación dos aspectos xeolóxicos e hídricos da demarcación.

“Neste momento comezamos coas localizacións para poder iniciar o bosquexo de proxecto, estrutura, dimensións e deseño exterior e interior dos mesmos. No exterior respectaremos e evitaremos o impacto visual atendendo aos valores naturais e paisaxísticos da contorna; pensando en edificacións sinxelas e construídas con materiais da zona” explicou Quiroga.

“En canto ao deseño interior, entendemos que ha de ser simple e intuitivo e dotado de tecnoloxía adaptada aos novos tempos, co ánimo de facelo atractivo para foráneos, visitantes e moi enfocado á comunidade escolar”, matizou o presidente.

“A idea é dotar a esta demarcación do Miño-Sil de espazos de referencia, didácticos e interactivos, onde poder explorar e coñecer a importancia do coidado e conservación dos recursos hídricos. Para iso, potenciaremos e valorizaremos a auga, os monumentos naturais e paisaxísticos dos ríos, a xeoloxía do terreo, o ecosistema ao redor dos leitos, a necesidade do bo uso do recurso, etc.” concluíu José Antonio Quiroga.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.