O proxecto Raia Termal reúne, en Lobios, a expertos de máis de 17 países para analizar o papel dos balnearios no desenvolvemento dos territorios “ raianos” con forte regresión demográfica

El proyecto Raia Termal reúne, en Lobios, a expertos de más de 17 países para analizar el papel de los balnearios en el desarrollo de los territorios “raianos” con fuerte  regresión demográfica
  • Os socios no proxecto, no acto inaugural, destacaron o valor social do sector termal tanto pola mellora da economía nas zonas onde se sitúan, como polo atractivo para fixar novos residentes no rural

Esta mañá deu comezo o Congreso Internacional de Termalismo 2021-2027: dinamización dos territorios e reto demográfico que pretende resaltar o valor social do sector así como visibilizar a importancia da actividade económica que xera; un sector que permite fixar poboación e emprego nos seus ámbitos territoriais, espazos rurais que, en moitas ocasións, presentan desequilibrios demográficos aos cales a economía termal pode axudar a combater.

Un “reto demografico” derivado de realidades como a dispersión poboacional, o envellecemento ou a baixa natalidade, aspectos que se pretende sexan contemplados entre os criterios para fixar a próxima repartición de fondos europeos do período de programación 2021-2027, financiamento que poderá ser aproveitado polos territorios termais que deberán potenciar a conservación e uso das contornas fluviais.

Estamos ante un evento internacional que congregou a expertos de máis de 17 paises e que foi inaugurado esta mañá no Balneario de Lobios polo presidente da CH do Miño-Sil, José Antonio Quiroga; o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Armando Ojea; Manuel Tibo, presidente da Camara Municipal de Terras de Bouro; e Jose Adriano Lima, vereador da Cámara Municiapal de Melgaço; socios no proxecto europeo transfronteirizo Raia Termal.

“A idea central do proxecto Raia Termal é aproveitar a riqueza natural desta contorna privilexiada en paisaxe, auga e patrimonio (tanto histórico como etnográfico) como panca de dinamismo socioeconómico nun mundo cambiante e con continuos retos, nun territorio pertencente a 2 Estados e caracterizado pola baixa densidade de poboación, polo envellecemento, a escasa natalidade e a pouca actividade socioeconómica, pero cunha gran potencialidade” expuxo o presidente da CHMS.

O Congreso arrincou coas intervencións de Thierry Dubois, presidente da European Spas Association e de Manuel Baltar, vicepresidente de EhttaThermal nas que ambos coincidiron en que o obxectivo común é ''Potenciar o termalismo medicinal e social a nivel europeo”.

“O termalismo será unha ferramenta para o desenvolvemento demográfico, a dinamización rural, posta en marcha de negocios de hostalería, negocios termais, en definitiva, de vida” explicou o presidente da Diputacion provincial.

O representante do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, Emilio Canda, destacou a importancia que os Fondos Comunitarios exercen no financiamento de proxectos europeos que contribúen ao fortalecemento das comunidades a ambos os dous lados da fronteira investindo en emprego e crecemento en zonas rurais.

O presidente de Asia Pacific Spa Wellness Coalition, Andrew Jacka, explicou aos asistentes os principais enfoques de dinamización territorial rural baseados no termalismo na rexión Asia-Pacífico, destacando nun 25% de incremento a taxa de facturación dentro do sector termal nos países asiáticos.

Margarita Meijome, representante da Consellería de Política Social e Dirección Xeral de Prevención de Dependencia da Xunta de Galicia, trasladou ao público asistente a importancia de posicionar Galicia como unha comunidade centrada nas persoas mediante o enfoque terapéutico e social que os establecementos termais ofrecen.

Na segunda parte do Congreso, José Juan Cerdeira, Director da área de Benestar da Deputación de Ourense, falou da experiencia do Ente Local na dinamización dos territorios, mediante o desenvolvemento dunha ambiciosa e atractiva oferta termal. Destacando, por outra banda, que o principal obxectivo desta Administración é o “Tentar ser útil ao sector e ao territorio”.

Manuel Campo Vidal, Presidente de Next EDUCACIÖN, facilitou unha descripcion ampla sobre o fenómeno da “España baleirada” destacando que ”O despoboamento é a antesala da desertización”. “Os balnearios son unha oportunidade para crear un microclima cultural, ofrecen traballo, fundamentalmente a mulleres e isto é moi importante xa que as mulleres son as que fixan poboación”, matizou.

''A evolución do termalismo en Sao Pedro do Sul pasa por atender á crecente demanda do turismo termal en contraposición á diminución do chamado termalismo clásico ou termalismo medicinal''. '''O crecemento do turismo termal nos últimos anos crea emprego directo e indirecto nunha zona de Portugal que, pola súa situación de interior - afastada ás costas - necesita un impulso social e económico vital para a zona'', explicou Victor Leal, presidente de Termalisur e presidente da Asociación de Termas de Portugal.

Washington Sena, director de Promoción, Marketing e Eventos de Turismo en Foz de Iguaçu, destacou que a idea é converterse nun dos lugares máis visitados de Brasil. ''Actualmente, as cataratas de Iguaçu son visitadas por máis de dous millóns de persoas ao ano e como complemento a este tipo de turismo estamos a potenciar o turismo termal a través da construción piscinas termais, balnearios e parques acuáticos''.

Ricardo Sosa, subsecretario de Turismo da Provincia de Santiago do Estero (Arxentina) resaltou que o obxectivo principal da súa xestión é desestacionalizar o turismo medicinal que viña levando a cabo na zona e converter as Termas de Río Fondo nunha cidade turística termal. “Grazas á dinamización do turismo termal, Termas de Río Fondo, practicamente duplicou o número de habitantes nos últimos 20 anos” aseverou.

“A solución pasa por fomentar o turismo de saúde e benestar en pequenas poboacións para manter a economía e fixar poboación no rural. Imos polo camiño adecuado e co apoio das Administracións e con empresarios que aposten por investimentos a futuro conseguiremos o obxectivo marcado”, concluíu Franz J. Bieses de COO of Expert and Consultant.

17092019 RaiaTermal 2

17092019 RaiaTermal 3

Logo RAIA TERMAL

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.