A Confederación do Miño-Sil mellorará tres carreiros fluviais na contorna do encoro de As Conchas

La Confederación del Miño-Sil mejorará tres senderos fluviales en el entorno del embalse de As Conchas
  • O proxecto contempla a construción dunha senda peonil desde o Complexo Turístico Deportivo do Corgo cara á illa de Pazos, o acceso ás praias do Corgo desde a zona de O Rañadoiro e o acondicionamento do carreiro que leva á central de Salas
  • O investimento previsto supera os 150.000 euros, financiados nun 75 % a través dos fondos europeos e o 25 % restante con fondos propios da CHMS

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, e o alcalde de Muiños, Plácido Alvarez, rubricaron o convenio de colaboración que posibilita as obras que a CHMS vai realizar no municipio de Muiños (Ourense), dentro do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza (POCTEP) “RAIA TERMAL”.

O devandito Convenio ten por obxecto determinar as condicións que rexerán o financiamento, posta ao dispor dos terreos, execución e o réxime da posterior entrega para o mantemento e conservación das obras contempladas no proxecto. O investimento previsto supera os 150.000 €, que será asumido na súa totalidade pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, o 75 % a través de fondos POCTEP e o 25 % restante, con fondos propios deste Organismo.

O proxecto contempla a construción dunha senda peonil desde o Complexo Turístico Deportivo do Corgo cara á illa de Pazos, o acceso ás praias do Corgo desde a zona de O Rañadoiro e a mellora do carreiro que leva á central de Salas.

Características das actuacións

As actuacións para executar na primeira das obras consistirán na apertura e execución dun carreiro cun ancho aproximado de 2 m. e lonxitude de 1920 metros, desde as inmediacións do Complexo Deportivo do Corgo cara á Illa de Pazos, situado na zona de servidume da marxe esquerda do encoro de As Conchas.

A segunda das actuacións consistirá na mellora do acceso á praia fluvial de O Rañadoiro, desde as inmediacións do pobo do mesmo nome, para facilitar o acceso a pé e o paso de vehículos de emerxencia. A súa lonxitude aproximada é de 220 metros.

Por último, acondicionarase o carreiro á central de Salas, desde o vial de acceso á depuradora municipal; este vial foi recentemente aperturado polo concello cun ancho variable que rolda os 3 metros ata conectalo cun vial existente e ten unha lonxitude aproximada de 300 metros.

Proxectos POCTEP

O obxectivo do proxecto “RAIA TERMAL” inspírase nos principios xerais que rexen os proxectos de cooperación transfronteiriza e que son, entre outros, a protección e conservación de espazos naturais fluviais fronteirizos dos ríos Miño e Limia, a posta en valor do medio ambiente e dos recursos termais da zona e a mellora da calidade ambiental da auga nos tramos transfronteirizos das concas de ambos os ríos.

Todo iso contribuirá á valorización do termalismo e dos recursos fluviais, favorecendo o turismo de calidade nos ámbitos do lecer, a saúde e o patrimonio natural, na provincia de Ourense e nas poboacións transfronteirizas do Norte de Portugal.

04-07-2019 1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.