A Confederación do Miño-Sil colabora co Concello de Allariz (Ourense) na reconstrución do paso fluvial sobre o Arnoia

La Confederación del Miño-Sil colabora con el Ayuntamiento de Allariz (Ourense) en la reconstrucción del paso fluvial sobre el Arnoia
  • “As importantes choivas do sábado, 2 de febreiro, e a presenza de madeiras de alisos secos propiciou que a corrente arrastrase os alicerces sen dar tempo a comezar os traballos de retirada que xa anunciaramos”, explicou Quiroga
  • A retirada de alisos enfermos que comezou o luns, 4 de febreiro, prolongarase ata a primeira semana de marzo en máis de 3,6 km de leito
  • A acumulación de maleza e madeiras no leito do río foi comunicada polo Concello de Allariz e constatada por persoal técnico da CHMS o que motivou a inclusión deste tramo de río no contrato de conservación de leitos

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, comprometeuse a colaborar co Concello de Allariz (Ourense) na reconstrución do paso fluvial sobre o río Arnoia en O Briñal.

Este paso viuse afectado polos distintos episodios de choivas intensas da primeira fin de semana do mes de febreiro, todo iso, unido á presenza de troncos de árbores caídas ao leito, afectadas polo fungo “ Phytophthora alni”, produciron o arrastre dos alicerces de pedra e a derriba dunha parte do mesmo.

Este Organismo de conca anunciou, o pasado 30 de xaneiro, o inicio de actuacións en dous tramos de río, unha primeira zona, desde as inmediacións do centro escolar de Allariz ata a Ponte de Vilanova e a contorna das piscinas municipais, e unha segunda zona, á altura do complexo deportivo do Seixo e que finaliza augas abaixo do “ Muiño do Briñal”, que incluía, entre outros traballos, a retirada dos troncos retidos polo paso fluvial.

Por todo iso, en canto se tivo coñecemento da caída do paso de O Briñal, o presidente do Organismo de conca, José Antonio Quiroga, púxose en contacto telefónico coa alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, para mostrarlle a disposición da CHMS para colaborar co Concello, e ambos acordaron a reconstrución do pontón a partir do momento no que o nivel das augas permita traballar con seguridade.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.