O Plan DSEAR, elaborado polo MITECO, revisa e prioriza os programas de medidas incluídos nos Plans Hidrolóxicos das distintas demarcacións hidrográficas españolas

El Plan DSEAR, elaborado por el MITECO, revisa y prioriza los programas de medidas incluidos en los Planes Hidrológicos de las distintas demarcaciones hidrográficas españolas
  • A CHMS convocou o Comité de Autoridades Competentes ( CAC), órgano colexiado con representación de todas administracións, para facerlles partícipes deste novo Plan e do inicio do 3er ciclo de Planificación Hidrolóxica
  • Require un esforzo importante de cooperación interadministrativa, procura de eficiencia, recuperación de custos e mellora do financiamento.

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil – CHMS-, José Antonio Quiroga, convocou aos membros do Comité de Autoridades Competentes da Demarcación para dar conta do Plan DSEAR e do inicio do 3 er ciclo de Planificación Hidrolóxica, entre outros asuntos.

Neste órgano colexiado e de goberno da CHMS están representadas a Administración Xeral do Estado, cun vogal polo Ministerio para a Transición Ecolóxica – MITECO- e outro en representación dos restantes departamentos ministeriais; a Administración Autonómica, cun vogal por cada unha das comunidades autónomas presentes na Demarcación: Galicia, Asturias e Castela e León; e tamén un vogal en representación das Entidades Locais.

Terceiro ciclo de Planificación Hidrolóxica
Durante o encontro detalláronse os contidos dos documentos iniciais do ciclo de planificación hidrolóxica 2021-2027, en consulta pública de 6 meses desde o 20 de outubro e ata o próximo 19 de abril, e cos que se materializa a fase previa á elaboración definitiva do plan. Convidouse ás autoridades competentes a levar a cabo propostas, observacións e suxestións aos mesmos co interese de mellorar a información contida nos mesmos.

Da mesma forma e, centrados no proceso de planificación hidrolóxica, tamén se tratou sobre o importante papel das autoridades competentes, Comité e grupos de traballo, xa que sen o seu apoio e colaboración é moi difícil culminar o novo plan hidrolóxico. Destacouse a necesidade da implicación e da asunción das tarefas que lle corresponden a cada unha das partes, atendendo a que leven a cabo as medidas que son da súa competencia.

Plan DSEAR
Doutra banda, expuxéronse as directrices e obxectivos de "O Plan Nacional de Depuración, Saneamento, Eficiencia, Aforro e Reutilización" -Plan DSEAR- e informouse sobre as actuacións recollidas no mesmo e o calendario previsto para a súa definitiva aprobación. O Plan DSEAR foi elaborado pola Dirección Xeral da auga do MITECO co obxectivo de revisar as estratexias de intervención definidas nos actuais plans hidrolóxicos de segundo ciclo, e para a mellor preparación dos plans do terceiro ciclo que están a iniciar o seu proceso de elaboración.

Neste momento o documento de "Directrices, programa de traballos, calendario e fórmulas de participación" do citado plan atópase en consulta pública desde o 19 de outubro e ata o 19 de xaneiro de 2019. Durante a reunión entregáronse as listaxes de actuacións atribuídas a cada Autoridade Competente presente no Comité para revisión e presentación das observacións que estimen, durante o prazo de consulta pública actualmente aberto.

Explicouse aos presentes que o Plan DSEAR oriéntase a través dos criterios xerais para a transición ecolóxica, como son a loita contra o cambio climático, o uso racional e solidario dos recursos, a eficiencia enerxética e o fomento da reutilización; así como, por criterios normativos e de participación pública.

"O obxectivo estratéxico deste Plan é dobre, por unha banda revisar, clarificar e priorizar os programas de medidas incluídos en distintos plans hidrolóxicos, desde o prisma da transición ecolóxica e, por outra banda, asegurar o cumprimento das nosas obrigacións xurídicas, tanto de ámbito nacional como, especialmente, de ámbito comunitario. Desde o Goberno de España temos claro que é o momento de atender sen demora as nosas obrigacións para evitar as multas por incumprimento", matizou o presidente.

Avance no Programa de Medidas
Por último informouse ao Comité de que en breve serán remitidos á Comisión Europea os datos sobre o grao de avance na execución dos programas de medidas dos plans hidrolóxicos de todas as demarcacións españolas, partindo dos datos fornecidos polas diferentes autoridades competentes. Leste reporte efectuarase antes do 22 de decembro de 2018 en cumprimento do establecido no artigo 15 de Directiva Marco da Auga

18-12-04-Comite-Autoridades-Competentes-Plan-Dsear2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.