O presidente da CHMS explica á Xunta de Goberno o proxecto de Orzamento para o 2019 que supera os 36,2 mill/€

El presidente de la CHMS explica a la Junta de Gobierno el proyecto de Presupuesto para el 2019 que supera los 36,2 mill/€
  • A CHMS en 2018 amortizou 5.482.972,50 €, con dous anos de antelación, o que implica a total dispoñibilidade dos recursos para obras de limpeza de leitos, saneamento e depuración
  • Quiroga comunicou o inicio do 3º ciclo de Planificación Hidrolóxica coa consulta pública dos Documentos Iniciais, desde o pasado 20 outubro, para propostas, observacións e suxestións das partes interesadas

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), José Antonio Quiroga, convocou hoxe aos membros da Xunta de Goberno da Demarcación para dar conta do proxecto de Orzamento para 2019 e do inicio do 3º ciclo de Planificación Hidrolóxica, entre outros asuntos.

Neste órgano colexiado e de goberno da CHMS, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, están representadas as distintas Administracións presentes no territorio, ademais dos usuarios da auga – abastecemento, regadíos, usos enerxéticos, e outros usos-.

Proxecto de Orzamento

A CHMS someteu á Xunta de Goberno o proxecto de orzamento para o próximo ano 2019, cifrado en 36,2 millóns de euros, dos cales se destinarán 4,7 millóns a labores de limpeza e mellora de leitos, máis de 12,4 millóns á xestión e mantemento de infraestruturas e 7,2 melloras de saneamento e calidade das augas, entre outros investimentos.

“No presente exercicio 2018 e para continuar coa política de saneamento financeiro do Organismo, efectuamos unha amortización anticipada por importe de 5.482.972,50 €, con dous anos de antelación ao vencimiento da débeda pendente, o que nos permitirá, a partir de agora, dispoñer de crédito para financiar as actividades propias do Organismo, como son as actuacións de mellora e limpeza de leitos, saneamento e depuración” engadiu Quiroga.

Planificación Hidrolóxica

A CHMS comunicou á Xunta de Goberno o inicio, o pasado 20 de outubro, do procedemento de consulta pública dos Documentos Iniciais do 3º Ciclo de Planificación Hidrolóxica que conteñen a base documental para a elaboración da Revisión do Plan Hidrolóxico da Demarcación do Miño-Sil, que deberá de entrar en vigor antes do fin de 2021.

Estes documentos iniciais, que estarán expostos ata o 19 de abril de 2019, conteñen o programa e calendario das tarefas para realizar, o estudo xeral da demarcación, incluíndo a análise de presións e impactos sobre as masas de auga pola actividade humana, así como unha análise económica do uso da auga, o proxecto de participación pública e as fórmulas de consulta.

“Con esta consulta pública desde a Administración pretendemos conseguir que todas as partes interesadas e as autoridades competentes participen activamente no proceso de planificación, contribuíndo así a mellorar os contidos dos diferentes documentos e a coordinación de todos os interesados no procedemento a través das súas propostas, observacións e suxestións” concluíu o presidente.

junta noviembre 2018-3

junta noviembre 2018

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.