O presidente da Confederación do Miño-Sil e o alcalde de Ourense mantiveron un encontro de traballo para tratar varios asuntos crave para a cidade

El presidente de la Confederación del Miño-Sil y el alcalde de Ourense han mantenido un encuentro de trabajo para tratar varios asuntos clave para la ciudad
  • Quiroga mostroulle a súa preocupación sobre a problemática de verteduras que sofre o Barbaña e da incidencia dos restos de lixo dos feirantes que acaba chegando ao leito do río
  • Falaron sobre o proxecto de ascensor en Avilés de Taramancos, con gran demanda social, que está a ser estudado polos técnicos de ambas as Institucións para conseguir unha solución compatible coa lexislación vixente
  • Lembroulle que están en trámite tres convenios, pendentes de fiscalización e aprobación por parte do Concello
  • Pola súa banda, Vázquez solicitou a colaboración do Organismo na limpeza de varios tramos de ríos urbanos

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), José Antonio Quiroga, mantivo un reunión de traballo co alcalde de Ourense, Jesús Vazquez, para avanzar en varios temas de interese para ambas as Administracións.

Durante o encontro o presidente mostroulle que por parte do Organismo haberá total disposición para colaborar nos temas de competencia en materia de augas e transmitiulle a súa preocupación pola problemática de verteduras recorrentes ao Barbaña e pola incidencia dos restos de lixo dos feirantes que acaba chegando ao leito do río.

Por outra banda falaron do proxecto de ascensor en Avilés de Taramancos, con gran demanda social, tema que está a ser estudado polos técnicos de ambas as Institucións co ánimo de conseguir unha solución consensuada compatible coa lexislación vixente.

O presidente lembroulle que están en trámite tres convenios, pendentes de fiscalización e aprobación por parte do Concello.

Pola súa banda, Vázquez solicitou a colaboración do Organismo de conca na limpeza de varios tramos urbanos dos ríos Loña, Miño e Barbaña, e nos regatos Dos Muiños, Vistahermosa e Valdorregueiro. O presidente comprometeuse a enviar a persoal técnico da Comisaría de Augas para estudo, valoración e, no seu caso, execución.

“Este é un primeiro encontro de traballo co alcalde de Ourense que seguro que se repetirá en distintas ocasións e por distintos motivos; do mesmo conclúo que foi frutífero porque considero que todas as actuacións que vaian encamiñadas a mellora da calidade de vida dos cidadáns merecen ser escoitadas, valoradas e tidas en conta, sempre que non infrinxan a lexislación vixente en materia de augas, pero se son dificilmente executables, sempre se tentará buscar algunha solución alternativa se a houber”, concluíu o presidente.

ourense mino

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.