O ano hidrolóxico 2017-2018 deixa os encoros ao 56,38%, un 14,11% máis de volume que hai un ano

El año hidrológico 2017-2018 deja los embalses al 56,38%, un 14,11% más de volumen que hace un año
  • A partir de decembro a reserva hidráulica foi aumentando paulatinamente ata alcanzar o máximo anual a finais de abril
  • En canto ao caudal circulante a maior diferenza porcentual produciuse en novembro, con caudais medios mensuais duns 82,4 % inferiores ao valor medio
  • A irregular distribución da precipitación, alternándose meses moi secos con meses moi húmidos, pon de manifesto o efecto do cambio climático

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, fai balance do ano hidrolóxico 2017-2018 no que destaca, ao peche do mesmo, que a auga embalsada atópase ao 56,38% -1.707,48 hm3-, un 14,11 % maior que a cantidade de auga embalsada hai un ano e un 1,64 % maior que a enchida media histórica nestas datas do ano.

Os encoros da Demarcación Miño-Sil, cunha capacidade total de 3.028,44 hm3, comezaron o ano hidrolóxico 2017/18 cunha reserva de 1.280,24 hm3, un 13,46 % por baixo da media histórica para esa época do ano, -1.688,77 hm3-.

Debido a un outono seco, as reservas acumuladas descenderon ata alcanzar o mínimo a comezos de decembro, situándose ao 37,49% da súa capacidade cun volume de 1.135,26 hm3, o que supón 20,09 % por baixo da media histórica.

A partir de decembro, e grazas ás precipitacións rexistradas, a reserva foi aumentando paulatinamente ata alcanzar o máximo anual a finais de abril, 2.662,94 hm3, que supón un 10,88 % por encima do valor media.

Caudais e achegas

Os caudais medios rexistrados nos diferentes puntos da Demarcación durante o ano hidrolóxico 2017/18 mostran que comezou cuns rexistros de caudal medio mensual moi por baixo da media histórica, consecuencia non só das baixas precipitacións rexistradas neses meses, senón que tamén debido á situación de seca prolongada acaecida en toda a Demarcación desde xaneiro de 2017 e que se alongou ata marzo de 2018.

A maior diferenza porcentual produciuse en novembro, onde os caudais medios mensuais foron de media un 82,4 % menores ao valor medio. Co paso dos meses, a medida que se acumulaban as precipitacións, a situación foi mellorando ata alcanzar no mes de marzo un caudal medio por encima da media histórica, en particular un 105,5 % superior.

O ano hidrolóxico conclúe cun mes de setembro no que o caudal medio mensual situouse nun valor lixeiramente superior á media histórica, un 7,2 %.

Nivel precipitacións

A precipitación anual media rexistrada na Demarcación foi de 1.156 l/ m2, valor practicamente igual á precipitación media da serie histórica (1980-2012). Mensualmente hai que destacar os meses de outubro, novembro, maio, agosto e setembro como “moi secos”, sendo ademais xaneiro un mes “seco”; marzo e xuño como “moi húmidos”, e decembro, abril e xullo como “húmidos”.

A irregular distribución da precipitación, alternándose meses moi secos con meses moi húmidos, pon de manifesto os cambios na climatoloxía que, de forma paulatina, imos observando.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.