A CHMS investiga a vertedura que obrigou á colocación de barreiras anticontaminación en varios puntos do río Barbaña ao seu paso por San Cibrao

La CHMS investiga el vertido que obligó a la colocación de barreras anticontaminación en varios puntos del río Barbaña a su paso por San Cibrao
  • O luns o Organismo de conca activou o protocolo de emerxencia atendendo á magnitude e composición da vertedura
  • O custo inicial dos labores de descontaminación estímase en 100.000 €
  • O Organismo de conca iniciou as dilixencias previas que, previsiblemente, motivarán a apertura dun expediente sancionador contra os responsables da vertedura

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente ( MAPAMA), activou o pasado luns o protocolo de emerxencia anticontaminación unha vez avaliou a situación e as posibles actuacións de descontaminación ante a vertedura detectada no río Barbaña ao seu paso polo Concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

Dada a baixa densidade da substancia contaminante que flotaba na auga, procedeuse a colocar barreiras absorbentes en distintas zonas de remanso situadas entre Ponche Noalla e a Edar de San Cibrao, actuación que contivo gran parte de vertedura e impediu que chegase á zona urbana de Ourense e, posteriormente, ao río Miño.

Como complemento ao anterior, procedeuse á retirada do material contaminante mediante o emprego de bombas e cisternas. Ao longo do luns e martes foron retirados e enviados a un xestor autorizado máis de 5.000 litros de aceites industriais mesturados con auga.

Por outra banda, unha vez que conclúa a retirada do material contaminante en contacto coa auga, comezarase a retirada dos restos existentes nas ribeiras, que se atopan adheridos á vexetación e ás rocas.

Estímase que a lonxitude de río afectado está ao redor de 4 Km aínda que, nestes momentos, está a realizarse unha avaliación máis precisa da afección.

Para a execución destas actuacións serán necesarias 3 brigadas de 5 persoas cada unha, compostas por persoal especializado e que traballarán de forma manual e coas precaucións necesarias para evitar a extensión da contaminación polos propios labores de limpeza.

Os traballos prolongaranse ao longo de dous ou tres semanas e o custo inicial destes labores de descontaminación estímanse en 100.000 €.

Este Organismo de conca está a investigar a procedencia da vertedura e iniciou a fase de dilixencias previas que previsiblemente motiven a apertura dun expediente sancionador contra os responsables da vertedura.

31052018 Barbana

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.