A CHMS celebra unha xornada pública de presentación do Plan Especial de xestión de Seca ( PES) da demarcación Miño-Sil

La CHMS celebra una jornada pública de presentación del Plan Especial de gestión de Sequía (PES) de la demarcación Miño-Sil
  • A revisión do plan ten como obxectivo mellorar a identificación dos fenómenos de seca e escaseza, a previsión de medidas conxunturais para mitigar os seus efectos e a organización de mecanismos institucionais para activar e desactivar as súas medidas
  • Os Concellos ou aglomeracións urbanas de máis de 20.000 habitantes terán que revisar ou redactar os seus propios plans de seca, en consonancia co contido do plan da demarcación

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente ( MAPAMA), explicou hoxe en Ponferrada as novidades que se recollen no novo texto do Plan Especial de xestión de Seca ( PES) da conca Miño-Sil, que está en fase de información pública desde o pasado 21 de decembro para que todos os interesados poidan presentar as observacións ou suxestións que estimen oportunas.

A revisión dos plans de seca actuais, establecida no RD 1/2016, do 8 de xaneiro, aprobatorio dos plans hidrolóxicos de ámbito intercomunitario, garantirá a coherencia dos citados plans especiais de seca cos plans de conca.

As propostas que se reciban ao longo dos tres meses de información pública, serán estudadas por esta Confederación Hidrográfica de Miño-Sil e posteriormente elaborarase un informe específico de valoración explicando as razóns da estimación ou desestimación de todas as alegacións recibidas.

Os plans teñen como principais obxectivos atender a dispoñibilidade de auga requirida para asegurar a saúde e a vida da poboación e minimizar os efectos negativos da seca sobre o estado ecolóxico das masas de auga, en especial sobre o réxime de caudais ecolóxicos, evitando, efectos adversos permanentes sobre o ecosistema.

Paralelamente a esta revisión, lembrouse aos Concellos e aglomeracións urbanas de máis de 20.000 habitantes a necesidade de que revisen ou redacten os seus propios plans de seca, tal como establece o Plan Hidrolóxico Nacional, que deberán de estar en consonancia co contido dos plans de seca da demarcación.

Melloras introducidas no novo PES

En primeiro lugar, diferénciase a seca prolongada –falta de precipitacións e achegas- e o de escaseza conxuntural -dificultade para a atención das demandas- e introduce un dobre sistema de indicadores máis robustos que nos permitan unha mellor caracterización de ambos os fenómenos.

Por outra banda, permitirá unha valoración separada da situación de seca prolongada ou de escaseza conxuntural en cada un dos 6 sistemas de explotación e un indicador global, a través dos que se mellorará a xestión destes fenómenos extremos.

Ademais, facilitarase a coordinación co resto de Administracións grazas a creación da Comisión Permanente da Seca como órgano de xestión das situacións extraordinarias.

O texto pode ser consultado a través da páxina web do organismo na ligazón: https://www.chminosil.es/es/chms/planificacionhidrologica/consulta-publica-plan-especial-de-sequia

26022018-2

26022018-3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.