Aberto o proceso de información pública para a revisión do plan especial de xestión de seca na conca do Miño-Sil

Abierto el proceso de información pública para la revisión del plan especial de gestión de sequía en la cuenca del Miño-Sil
  • A revisión do plan actualmente en vigor ten como obxectivo mellorar a identificación dos fenómenos de seca e escaseza, a previsión de medidas conxunturais para mitigar os seus efectos e a organización de mecanismos institucionais para a activación e desactivación das medidas contidas no devandito plan
  • O plan permanecerá en información pública durante os próximos tres meses para que todos os interesados poidan presentar as propostas que estimen oportunas
  • Os Concellos ou aglomeracións urbanas de máis de 20.000 habitantes terán que revisar ou redactar os seus propios plans de seca que deberán estar en consonancia co contido do plan da demarcación que saíron hoxe a información pública

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente ( MAPAMA) sacou hoxe a información pública a revisión do plan especial de xestión das secas (Plans de Seca) da demarcación hidrográfica do Miño-Sil. Tal como aparece publicado hoxe no Boletín Oficial do Estado, este novo plan estará en exposición pública por un período de tres meses para que todos os interesados poidan presentar as observacións ou suxestións que estimen oportunas. A revisión do plan pode ser consultada na páxina web da CHMS a través da ligazón https://www.chminosil.es/es/chms/planificacionhidrologica/consulta-publica-plan-especial-de-sequia

A revisión dos plans de seca actualmente en vigor, está establecida no RD 1/2016, do 8 de xaneiro, aprobatorio dos plans hidrolóxicos de ámbito intercomunitario, para garantir a coherencia dos plans especiais de seca cos propios plans de conca.

Este proceso de revisión permitiu potenciar o vixente sistema de indicadores para diferenciar con claridade as situacións de seca hidrolóxica das de escaseza, mellorar as medidas conxunturais para mitigar os seus efectos así como os mecanismos institucionais e participativos pertinentes para a activación e desactivación das medidas contidas no plan.

RECIBIRANSE PROPOSTAS DURANTE TRES MESES
As propostas que se reciban ao longo do próximos tres meses serán estudadas por esta Confederación Hidrográfica de Miño-Sil que, unha vez concluído o proceso, elaborará un informe específico de valoración explicando as razóns da estimación ou desestimación de todas as alegacións recibidas.

Paralelamente a esta revisión, o Ministerio, a través das distintas Confederacións Hidrográficas, lembrou aos Concellos e aglomeracións urbanas de máis de 20.000 habitantes a necesidade de que revisen ou redacten os seus propios plans de seca, tal como establece o Plan Hidrolóxico Nacional, uns plans que deberán estar en consonancia co contido dos plans de seca da demarcación.

Descargar PDF

 

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.