O MAPAMA inviste 2,3 millóns de euros en actuacións de emerxencia nas demarcacións hidrográficas do Miño-Sil, Douro e Cantábrico

El MAPAMA invierte 2,3 millones de euros en actuaciones de emergencia en las demarcaciones hidrográficas del Miño-Sil, Duero y Cantábrico
  • En total, o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente investirá 1,3 millóns na Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, 515.000 euros na do Douro e 430.000 euros na do Cantábrico
  • Actuarase nas provincias de Asturias, Castela e León e Galicia para paliar os danos causados en bens privados e públicos así como na superfície forestal

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) investirá 2,3 millóns de euros en actuacións de emerxencia para reparar os danos causados polos incendios rexistrados os pasados meses de setembro e outubro nas demarcacións hidrográficas do Miño-Sil (1,35 millóns de euros), do Douro (515.000 euros) e do Cantábrico (430.000 euros).

Actuarase nas provincias de Asturias, Castela e León (Zamora e León) e Galicia (Lugo, Ourense e Pontevedra) para reparar os graves danos causados polo lume tanto en bens de titularidade pública e privada como na superficie forestal.

Os investimentos destinaranse a eliminar os tapóns formados polos restos vexetais que caeron á canle dos ríos debido aos incendios; á retirada de residuos e sedimentos que puidesen chegar ata as canles e que diminúen a súa capacidade de desaugadoiro; á curta de exemplares queimados e con risco de caída sobre o río, así como a poda selectiva daqueles exemplares danados pero que presentan indicios de rebrote.

Ademais, tamén se executarán defensas puntuais de marxes en puntos sensibles a sufrir erosións, así como fajinas para evitar o arrastre de cinzas ata a canle.

Na demarcación hidrográfica Miño-Sil actuarase sobre unha superficie de máis de 28.000 hectáreas en canles de ríos e afluentes como Brull, Mirela ou Senna en Ourense, Mendo, Uma ou Tea en Pontevedra, na Conca do Rego de Bregadiñas en Lugo ou nas concas dos ríos Cabrera, San Miguel e As Veigas en León.

Na demarcación hidrográfica do Douro os traballos beneficiarán a unha superficie de 3.650 hectáreas pertencentes á conca do río Eria en León, a conca do río Trefacio e do río Pedro en Zamora e no municipio de Verín, en Ourense, á conca do río A Rasela.

Pola súa banda, a demarcación hidrográfica do Cantábrico contará con actuacións nos municipios de Cervantes e Negueira de Muñiz en Lugo e en 10 municipios de Asturias como Cangas de Onís, Tineo, Ibias ou Somiedo, mellorando unha superficie de 12.800 hectáreas.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.