Francisco Marín preside a sexta reunión do Pacto Nacional pola auga, a nivel de demarcación, cos usuarios de abastecemento

Francisco Marín preside la sexta reunión del Pacto Nacional por el Agua, a nivel de demarcación, con los usuarios de abastecimiento
  • Nesta reunión estiveron presentes o presidente da FEGAMP e da Mancomunidade de abastecemento de auga do Bierzo, representantes de traídas de auga -COXAPO-, de varios Concellos da Demarcación e da Deputación Provincial
  • O Pacto Nacional pola auga busca dar resposta aos principais retos da xestión da auga no noso país coa máxima participación, diálogo e consenso

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), Francisco Marín, reuniuse esta mañá cos representantes de usuarios de abastecemento continuando coa rolda de encontros previstos na Demarcación Hidrográfica para avanzar cara a un Pacto Nacional pola auga.

Neste encontro estiveron presentes o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias -FEGAMP-, representantes dos Concellos de Ourense, Ponferrada e Ponteareas, representante da Deputación de Ourense e varios membros da Comunidade Xeral de Augas de Galicia -COXAPO.

Desta forma, continuamos os contactos iniciados polo MAPAMA, o pasado mes de xullo, co obxectivo de involucrar no Pacto Nacional pola auga a todos os axentes implicados na xestión ou o uso da auga, para dar resposta aos principais retos, coa máxima participación, diálogo e consenso.

O Pacto Nacional pola auga debe recoller as propostas técnicas para facer un uso máis eficaz, solidario e integrado dos recursos existentes. O punto de referencia serán os temas identificados nos plans hidrolóxicos do segundo ciclo, dando continuidade a este diálogo no marco do proceso de preparación dos plans hidrolóxicos do terceiro ciclo, de acordo co calendario establecido na Directiva Marco da auga.

17-10-26-Pacto-Nacional-por-el-Agua-CHMS-UsuariosAbastecimiento2

Este futuro Pacto centrarase en catro grandes eixos: a atención de déficits hídricos, o cumprimento dos obxectivos ambientais fixados nos Plans Hidrolóxicos -saneamento e depuración e protección de espazos emblemáticos-, a posta en marcha dos Plans de Xestión de Riscos de Inundación e outra serie de medidas en materia de gobernanza da auga -recuperación dos custos asociados aos servizos da auga e mellora da xestión e dos procedementos ordinarios-.

Este encontro é o penúltimo, a nivel de Demarcación Hidrográfica, dos sete previstos a realizar cos usuarios, asociacións e organizacións non gobernamentais (ONG); o primeiro realizouse coas empresas titulares de Aproveitamentos Hidroeléctricos, a segunda con Asociacións Ecoloxistas, a terceira con Colexios Profesionais, a cuarta con Organizacións Empresariais e o quinto con Cooperativas e Sindicatos Agrarios, quedando pendente o encontro cos Sindicatos.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.