O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente impulsa a participación na 17ª edición da SEM baixo o lema

Semana Europea de la Movilidad
  • España desde hai moitos anos lidera a participación na Semana Europea da Mobilidade e na edición do pasado ano contou coa adhesión de 451 cidades participantes e con 7.047 medidas permanentes
  • A Semana Europea da Mobilidade (SEM) é unha campaña dirixida a difundir os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) continúa impulsando a participación na convocatoria da Semana Europea da Mobilidade (SEM) na súa 17ª edición, que se celebrará do 16 ao 22 de setembro baixo o lema "Compartir lévache máis lonxe".

A Semana Europea da Mobilidade, da que o MAPAMA é coordinador nacional, é unha campaña dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé.

Está iniciativa xurdiu en Europa en 1999 e a partir do ano 2000 contou co apoio da Comisión Europea. Celébrase cada ano, do 16 ao 22 de setembro, realizando actividades para promocionar a mobilidade sustentable e fomentando o desenvolvemento de boas prácticas e medidas permanentes.

O 22 de setembro celébrase ademais o evento A cidade, sen o meu coche!, orixe desta iniciativa europea, que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades.
 
MOBILIDADE LIMPA
O tema elixido este ano pola Comisión Europea está centrado na mobilidade limpa, compartida e intelixente e o lema é: Compartir lévache máis lonxe!. A Unión Europea anímanos a fomentar solucións de mobilidade compartida e destacar os beneficios de modos de transporte máis limpos, apoiándonos nas tecnoloxías de transporte intelixente. A Comisaria europea de Transporte, Violeta Bulc, estableceu catro áreas prioritarias: innovación, dixitalización, descarbonización e cidadanía.
 
ESPAÑA LIDER EN PARTICIPACIÓN
España, desde hai moitos anos, lidera a participación na Semana Europea da Mobilidade. O ano pasado das 2427 cidades europeas participantes 451 cidades foron españolas, con 7.047 medidas permanentes presentadas.

Hai que destacar, como noutras edicións, a participación da sociedade civil, organizacións sociais, institucións e empresas, que realizan durante a SEM, actividades relacionadas coa mobilidade sustentable para concienciar aos cidadáns nas súas áreas de influencia, sobre o beneficio individual e colectivo do  cambio de comportamento á hora de elixir un modo de transporte non contaminante.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, un ano máis, como coordinador nacional do proxecto europeo, é o encargado do labor de difusión e de apoio a esta iniciativa que se enmarca nas políticas que está a levar a cabo, tanto en materia de calidade do aire, cambio climático, economía circular, etc.
 
Para máis información pode consultar a nosa páxina web: http://www.mapama.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/medio-ambiente-urbano/movilidad/
en facebook: https://www.facebook.com/Semana-Europea-de-la-Movilidad-440221239452825/
twitter: @SEUMov o instagram: @semovesp
 
Se vostede pertence a un concello ou a unha organización ou empresa que quere adherirse á Semana Europea da Mobilidade 2017 e ten algunha dúbida pode contactar na dirección de correo medioambiente@semanaeuropeamovilidad.es
 
Tamén pode atopar información adicional en:

www.facebook.com/EuropeanMobilityWeek  
https://twitter.com/mobilityweek
www.youtube.com/user/europeanmobilityweek  
www.flickr.com/photos/europeanmobilityweek

semana europea de movilidad

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.