A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil reduce nun 76% a débeda herdada do 2012 e destina máis fondos a investimento

La Confederación Hidrográfica del Miño-Sil reduce en un 76% la deuda heredada del 2012 y destina más fondos a inversión
  • O proxecto de Orzamento de 2017 será de 34 millóns de euros dos cales 21 millóns serán destinados a investimentos reais
  • Redúcese o capítulo IX de gastos -préstamos hipotecarios- ao pagar no ano 2015 a amortización prevista para 2017
  • Por outra banda, presentouse a evolución do estado das masas de auga, que de forma global pasaron de 216 a 217 masas en bo estado

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín, convocou hoxe aos membros da Xunta de Goberno, do Comité de Autoridades Competentes (CAC) e do Consello da auga da Demarcación (CAD) á primeira reunión anual de órganos colexiados.

En relación ao seguimento do Plan Hidrolóxico, a CHMS, organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, informou en cada unha das reunións do grao de execución e desenvolvemento do plan hidrolóxico vixente, presentándose a evolución do estado das masas de auga que, de forma global, pasaron de 216 a 217 masas en bo estado.

Por outra banda, e en canto ao programa de medidas que contempla do Plan Hidrolóxico, comunicouse que foi executado o 12 % do orzamento e que se atopa en execución un 45,74 % do mesmo.

Na reunión do Consello da auga da Demarcación lembrouse, de acordo coa última modificación do Regulamento de Dominio Público Hidráulico, a obrigación aos concesionarios de aproveitamentos hidroeléctricos de cumprir cos caudais ecolóxicos trimestrais fixados no Plan Hidrolóxico vixente.

Ademais, durante a reunión foron elixidos os representantes dos Usuarios da Demarcación Miño-Sil no Consello Nacional da auga, Dna. Patricia Gómez, de Iberdrola, e D. Jordi Vich, de Gas Natural, por votación entre os Usuarios de abastecementos, regadíos e aproveitamentos hidroeléctricos do Consello da auga da Demarcación Miño-Sil.

XUNTA DE GOBERNO

O presidente do Organismo presentou á Xunta de Goberno as contas do exercicio 2016 en exercicio da competencia atribuída a este órgano colexiado na Lei de Augas.

Deuse conta á Xunta de Goberno da redución nun 76% da totalidade da débeda herdada no ano 2012, pasando de 60 millóns en 2012 a 14 millóns en 2016.

En canto á redución do investimento en 2016, explicouse que atendendo á Orde do Ministerio de Facenda de xullo 2016, produciuse o peche do exercicio anticipado, non podendo comprometerse máis créditos a partir do 29 de xullo, o que explica a baixa execución do capítulo de investimentos reais nun 24,7%.

Como motivo adicional para a redución dos investimentos executados, o exercicio 2016 foi o primeiro no que a CHMS non xestionou investimentos cofinanciados con cargo aos distintos programas operativos rexionais, Galicia e Castela e León.

En canto ao proxecto de Orzamento de 2017, actualmente en tramitación no Congreso dos Deputados, informouse que a CHMS dispoñerá de 34 millóns de euros dos cales 21 millóns serán destinados a investimentos reais.

Francisco Marín, presidente do organismo, indicou que, segundo a Memoria Anual presentada á Xunta de Goberno, no relativo á xestión e control do dominio público hidráulico durante o ano 2016 foron tramitados 3592 expedientes de aproveitamentos hidráulicos, autorizacións, expedientes sancionadores, verteduras, informes urbanísticos e informes de avaliación do impacto ambiental, o que supuxo un importante esforzo na tramitación para conseguir a redución dos tempos de espera das resolucións.

Por outra banda, destacou que o cambio notable na xestión do diñeiro público é a forma de asegurar a viabilidade financeira programando as actuacións atendendo á situación e necesidades reais desta conca hidrográfica, concluíu Marín, presidente da CHMS.

IMG 1886

IMG 1891

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.