A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil celebra o Día Mundial da Auga 2017 en Ourense

  • O obxectivo desta xornada é concienciar á sociedade, desde pequenos, da importancia da auga para a vida
  • O lema elixido este ano por Nacións Unidas "Augas Residuais" aposta polo bo uso da auga e a importancia de evitar verter ao desaugadoiro obxectos e sustancias non depurables

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organizou hoxe un acto conmemorativo con motivo do Día Mundial da Auga, que se celebrou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

Este ano o lema escollido por Nacións Unidas foi "Augas Residuais" apostando polo bo uso do recurso e a importancia de evitar verter ao desaugadoiro obxectos e sustancias non depurables, en aras dunha visión de futuro, desde o respecto ao medio ambiente e ao desenvolvemento sustentable.

O acto, celebrado esta mañá en Ourense, contou coa presenza e protagonismo de máis de 320 nenos e mozos do CEIP O Couto, e estivo presidido polo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, acompañado polo presidente da CHMS, Francisco Marín; o presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Diaz; a concelleira de Facenda do Concello, Ana F. Morenzae o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, entre outras autoridades.

Santiago Villanueva destacou que é fundamental a concienciación social para o bo uso do recurso e a importancia de contribuír con pequenos xestos diarios no respecto e mellora do medio ambiente. Así o delegado do Goberno lembrou que "a auga é un tesouro e todos nós debemos protexelo. Todo a auga que usamos ou que desperdiciamos debe devolverse ao ecosistema para ser reutilizada. Este ano o Día Mundial da auga céntrase en que todos aprendamos a necesidade deste proceso de reciclaxe".

Pola súa banda, o presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Marín, precisou que o obxectivo da CHMS é incidir na concienciación dos máis pequenos en que a auga é un recurso limitado e o seu uso con responsabilidade redundará en beneficio de todos. "As Institucións estamos obrigadas a fomentar os valores de respecto e racionalidade do recurso desde a escola, só así formaremos unha sociedade de futuro que fomente a importancia e necesidade de coidar as nosas canles fluviais".

Manuel Baltar, presidente da Deputación Provincial, quixo destacar que "o Día Mundial da Auga celébrase na provincia da auga e somos unha provincia termal. As persoas estamos conformadas en boa parte do noso organismo de auga, e a auga é vital. É moi importante que celebremos unha xornada como esta para acordarnos da súa importancia. Sobre todo, concienciando aos máis novos, aos estudantes dun colexio de Ourense que saben, porque xa desde as familias temos que centrarnos neste labor, da importancia de coidar os nosos recursos naturais, dos que o máis importante é a auga", concluíu.

IMPLICACIÓN DOS MÁIS NOVOS
Os escolares do CEIP O Couto participaron nas distintas actividades convocadas ao longo do mes de marzo, a través dos "Talleres da Auga", impartidos por técnicos do organismo de conca e expertos medioambientais, consistentes en charlas participativas, visita a unha estación de control situada na marxe esquerda do Miño, e actividades de recoñecemento e mostraxe do río Lonia, onde puideron recoller mostras de macro-invertebrados, flora e fauna, para a súa identificación, ademais de realizar unha análise de auga "in situ".

Por outra banda, un grupo de 20 nenos de 3º a 6º de primaria participaron nunha xornada de debate na televisión local, co presidente da CHMS, o vicerreitor da Universidade de Vigo, e un biólogo, que, entre outros temas tiveron que responder sobre o ciclo da auga, a depuración, a potabilización, etc.

Como complemento a estas actividades, hoxe os máis pequenos recibiron a visita, no colexio, dos seus personaxes preferidos "Os bolechas"; con eles puideron visualizar a guía "Os bolechas coidan a Auga", a través da que se pretende mellorar os hábitos de uso do recurso. Tamén participaron en varios talleres de confección de chapas, debuxos e maquillaxe.

Desde a CHMS queremos destacar a importante colaboración e implicación do centro educativo e a predisposición e participación activa dos nenos e mozos do CEIP O Couto de Ourense.

CONCURSO
Os alumnos de 5º e 6º de primaria participaron, ademais, nun concurso de debuxo e redacción baixo o título "Olladas cara ou Miño", a través do que mostraron a súa creatividade e destreza a través das súas magníficas creacións.

Durante o acto procedeuse á entrega de premios aos mellores traballos e un premio especial para o colexio pola súa colaboración no conxunto de actividades conmemorativas do Día Mundial da Auga 2017.

PRIMER PREMIO

Miguel Diaz Alvarez

SEGUNDO PREMIO

Nuria Otero González

TERCER PREMIO

Maria González Coello

 

IMG 6724

IMG 6822

IMG 6789

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.