Información pública do proxecto de mellora do saneamento da parroquia de Fiestras en Xinzo

Información Pública Xinzo

A Confederación do Miño-Sil anuncia no BOE a información pública do proxecto de mellora do saneamento da parroquia de Fiestras en Xinzo (Ourense)

A presentación de alegacións poderá realizarse no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación, nos próximos días, no boletín da provincia

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil-, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), somete a información pública o proxecto construtivo das obras de mellora na rede de saneamento da parroquia de Fiestras en Xinzo de Limia (Ourense).

As actuacións principais contempladas no proxecto son a construción dunha nova depuradora de biodiscos en Fiestras con capacidade para 100 habitantes, situada na mesma parcela que a fosa séptica actual e a construción dun novo bombeo en Laroá sur que recolla o saneamento das vivendas que actualmente están vertiendo á fosa séptica de Laroá, impulsándoo ata a depuradora existente na mesma parroquia.

O orzamento basee de licitación é de 246.973,51 euros.

O proxecto pode ser consultado a partir de hoxe nas oficinas da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en Ourense, C/ Curros Enríquez, 4-2º e na web do organismo www.chminosil.es.

A presentación de alegacións ou observacións poderá realizarse no prazo máximo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación no boletín da provincia, que se producirá nos próximos días.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.