O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente contrata a redacción do proxecto de colector do Río Sarela para mellorar o saneamento de Santiago de Compostela (A Coruña)

Imagen para colector Santiago

O obxecto desta actuación é mellorar a actual rede de saneamento de Santiago de Compostela, que afectan medioambientalmente á conca do río Sarela
Esta actuación enmárcase no Plan CRECE de saneamento e depuración das augas que impulsa o Ministerio para mellorar a calidade das augas que chega ata os nosos ríos

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente contratou a redacción do proxecto de colector interceptor
 xeneral do río Sarela (Conca Alta) -Mellora do saneamento de Santiago de Compostela, na Coruña, co obxecto de mellorar o servizo a unha aglomeración urbana de 183.488 habitantes-equivalentes.

A adxudicataria do contrato é a empresa FULCRUM, Planificación e Análise e Proxectos S.A, por un importe de 192.192 euros.

A rede de saneamento de Santiago de Compostela afecta os ríos Sar e Sarela ao seu paso por este núcleo urbano, polo que cobran especial importancia as accións relacionadas coa mellora das infraestruturas da rede de saneamento e xestión das augas de tormenta para evitar verteduras incontroladas de augas contaminadas a estas canles fluviais.

A zona sobre a que está prevista esta actuación dispón, na actualidade, dunha rede de saneamento con deficiencias, presentando tramos de moi escasa capacidade hidráulica e en moi mal estado de conservación. Estas circunstancias provocan problemas de funcionamento tanto en tempo seco como chuvioso, que se traducen na existencia de verteduras de augas residuais ao río e na achega dun caudal excesivo de auga de infiltración que ao incorporarse ao sistema orixina problemas na rede augas abaixo así como no funcionamento da EDAR de Silvouta.

Unha vez liquidados os problemas de saneamento do río Sar coa execución das obras do seu colector-interceptor xeneral, tamén por parte do MAPAMA, é preciso continuar coa remodelación e modernización da rede de colectores de Santiago na conca do río Sarela para resolver as deficiencias observadas na rede actual e lograr unha mellora da calidade das augas de ambos os ríos. Para iso aumentarase a capacidade de transporte da rede co deseño de máis de 8 km de novos colectores e regularase a entrada de caudais de choiva mediante a instalación dos correspondentes dispositivos de regulación e control de augas de tormenta. Desta maneira conseguirase eliminar os actuais problemas de verteduras e infiltracións.

PLAN CRECE

Esta actuación enmárcase no Plan de Medidas para o Crecemento, a Competitividade e a Eficiencia (Plan CRECE) que está a executar o Ministerio para mellorar a calidade das augas residuais.

Este Plan prevé uns investimentos en materia de depuración de 1.100 millóns de euros para a posta en marcha dunha serie de traballos, financiados con Fondos Europeos, destinados a conseguir que todos os municipios depuren adecuadamente as súas augas residuais, conforme á Directiva Marco da auga xa que unha auga mellor depurada incide directamente no benestar dos cidadáns e porque unha depuración adecuada é vital para o mantemento dos ecosistemas.

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.