A CHMS mellora a capacidade de desaugadoiro das canles máis afectadas polos incendios deste verán nos municipios de Arbo e As Neves (Pontevedra)

Municipios de Arbo y As Neves (Pontevedra)

Trabállase nos ríos Deva, Cea, Lamas e Termes, en coordinación co persoal da Xunta de Galicia que dirixe os labores de restauración dos montes máis danados

Estas actuacións, que foron licitadas por 275.000 euros, están a ser executadas por unha trintena de operarios e finalizarán os últimos días de novembro

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) traballa na reparación dos danos provocados polos incendios de agosto de 2016 nas concas dos ríos Deva, Cea, Lamas e Termes, nos termos municipais de Arbo e As Neves, en coordinación co persoal da Consellería do Medio Rural e de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que dirixen os labores de restauración dos montes máis afectados.

Os traballos de limpeza e mellora da capacidade de desaugadoiro das canles máis afectadas comezaron coa máxima présa, polo grave risco de desbordamento que podería provocar a caída inminente da vexetación queimada.

16-11-07-visita-obras-emergencia-de-danos-por-incendios-en-Arbo-Pontevedra2

Como complemento a estes traballos procedeuse á reparación das marxes máis erosionadas e á execución de defensas naqueles puntos máis sensibles que poderían provocar, en momentos de intensas choivas, avenidas ou desbordamentos nas zonas lindeiras.

16-11-07-visita-obras-emergencia-de-danos-por-incendios-en-Arbo-Pontevedra1

Por outra banda, no río Lamas, está a mellorarse a capacidade de desaugadoiro da ponte que cruza a estrada municipal de Sela moi danado polas recorrentes avenidas do pasado inverno, mediante marcos de formigón prefabricado de dimensións 2,5 m de anchura por 2,0 m de altura, cunha lonxitude total de 10 m. Así mesmo, procederase á reposición dos servizos e infraestruturas anexas afectadas durante a execución desta obra de drenaxe

16-11-07-visita-obras-emergencia-de-danos-por-incendios-en-Arbo-Pontevedra0

Esta mañá o presidente do Organismo de conca, Francisco Marín, acompañado do alcalde do municipio de Arbo, Horacio Gil, visitaron as obras sobre o río Lamas en Eidós de Arriba (Arbo).

"Nestas actuacións de restauración das canles, que finalizarán a próxima semana, traballaron máis de 30 operarios especializados e foron realizadas atendendo aos criterios das Consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, co ánimo de conseguir a maior eficacia e coordinación nas intervencións, para garantir o respecto ao medio ambiente e a rápida recuperación das zonas máis afectadas", concluíu Francisco Marín, presidente da CHMS.

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.