Colectivos sociais e medioambientais realizaran o vindeiro domingo unha actividade de limpeza simultánea dos ríos da conca do Miño-Sil

Limpieza rios cuenca Miño Sil

O organismo de conca subvenciona con 10.000,00€ estas actividades.
ADEGA dispón da infraestrutura e dos medios técnicos adecuados, así como da experiencia necesaria en coordinación dos voluntarios

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), entregou unha subvención de 10.000€ á asociación ecoloxista ADEGA para o desenvolvemento dun programa de formación de voluntariado ambiental e divulgación dos valores naturais asociados á Conca do Miño-Sil.

Ambas as partes, que se comprometeron a través dun Convenio de Colaboración, comparten o obxectivo común da defensa e promoción da sustentabilidade dos ecosistemas fluviais e consideran de gran importancia levar a cabo conxuntamente o desenvolvemento de diversas actuacións de colaboración e cooperación no ámbito do desenvolvemento sustentable e de educación ambiental.

Neste sentido, o vindeiro domingo 2 de outubro levará a cabo a limpeza simultánea de varios ríos da conca do Miño-Sil, co ánimo de fomentar a participación cidadá e a implicación dos colectivos sociais na xestión dos sistemas fluviais, co que se pretende obter unha maior percepción social acerca dos problemas asociados ás presións aos ríos, mellora do coñecemento sobre o funcionamento e a dinámica natural dos ríos e o fomento do uso racional do espazo fluvial e o impulso do desenvolvemento sustentable do río e conca vertente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.