A CHMS ofrece ao Concello un convenio de colaboración para o asfaltado e mellora dun tramo do camiño de servizo ao regadío do Val de Lemos (Lugo)

Val de Lemos

Tramo urbano comprendido entre a estrada de Currelos e a estrada de Chantada, coñecido como rúa Manuel Murguía

Devandito convenio será necesario tanto para a execución das obras como para a súa posterior cesión ao Concello

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil?CHMS-, organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, ofrece ao Concello de Monforte a firma dun convenio de colaboración para o arranxo do tramo urbano asociado ao regadío do Val de Lemos, comprendido entre a estrada de Currelos e a estrada de Chantada, coñecida como rúa Manuel Murguía.

Este convenio regulará as condicións de execución das obras necesarias así como a súa posterior cesión -mutación demanial- ao Concello de Monforte de Lemos.

Este camiño de servizo á canle de regadío foi construído, no seu momento, como infraestrutura asociada ás obras específicas do regadío e construída para a vixilancia, mantemento e conservación do regadío, por iso, conta cunhas características xeométricas, estruturais e de sinalización que responden o obxectivo para o que foi executado e por iso o seu estado de conservación é o adecuado para tales fins.

Aínda que, o crecemento do núcleo urbano de Monforte de Lemos supuxo que este tramo situado na marxe dereita da canle, soporte unha intensidade de tráfico por encima do previsto no seu día.

Por iso, desde o organismo de conca exponse unha actuación que non se limitaría a un mero bacheo senón que sería complementado coa extensión dunha nova capa de rodaxe a base de aglomerado en quente, regularización das tapas de rexistro, perfilado e limpeza das cunetas e pintado de marcas viarias.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.