A CHMS licita por 83.000 euros a redacción do proxecto construtivo para a mellora do saneamento de Velle, en Ourense

Velle

O próximo 4 de maio é a data límite para presentación de ofertas

O pasado 29 de xaneiro, a CHMS asinou o Protocolo de colaboración co Concello de Ourense para o financiamento e execución das obras de 'Mellora do saneamento e depuración de augas residuais na parroquia de Velle (Ourense)"

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, licitou por 82.975 euros o contrato de redacción do proxecto construtivo para a mellora do saneamento de Velle, en Ourense, tal como publica hoxe o Boletín Oficial do Estado (BOE).

O pasado 29 de xaneiro, a CHMS asinou o Protocolo de colaboración co Concello de Ourense para o financiamento e execución das obras de 'Mellora do saneamento e depuración de augas residuais na parroquia de Velle (Ourense)", compromiso que posibilitará a realización das actuacións.

O obxectivo deste traballo é obter a mellor solución ao problema do saneamento existente na zona, concretamente exponse dúas alternativas a estudo, por unha banda, a incorporación das augas residuais do núcleo de Velle ao saneamento xeral e, por outra, a execución dunha infraestrutura de depuración de augas residuais que cubra as necesidades concretas da zona.

O prazo máximo de redacción do proxecto estímase en 7 meses.

A presentación de ofertas realizarase a través do Rexistro Xeral da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, situado na C/ Curros Enríquez, 4-2º de Ourense, CP 32003, até as 14,00 horas do día 4 de maio de 2016.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.