A CHMS licita por máis dun millón de euros as obras de reconstrución do cuenco amortiguador da presa da Fuente del Azufre, en Ponferrada (León)

Fuente Azufre

Con estas actuacións executarase a reparación estrutural e a restauración da xeometría orixinal do cuenco amortiguador da presa

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, licitou por 1.077.731 euros o contrato de obras para a "Reconstrución do cuenco amortiguador da Presa de Fonte do Azufre, T.M. de Ponferrada (León), tal como publica hoxe o Boletín Oficial do Estado (BOE).

Esta actuación foi anunciada onte polo presidente da CHMS, Francisco Marín, durante a rolda de prensa celebrada no Concello de Ponferrada.

O obxectivo das obras é a reparación estrutural e a restauración da xeometría orixinal do cuenco amortiguador mergullado da presa de Fonte do Azufre, para iso, procederase, en primeiro lugar, ao baleirado do cuenco mediante bombeo e á demolición e retirada das fábricas de formigón en masa deterioradas.

Cabe destacar que durante a execución das obras co cuenco baleiro, hai que manter os caudais ecolóxicos a través da Canle Baixa do Bierzo, polo que se deberán compaxinar os traballos cos ritmos de funcionamento da presa, especialmente durante a campaña de rega.

O prazo de execución dos traballos estímase en 12 meses.

A presentación de ofertas realizarase a través do Rexistro Xeral da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, situado na C/ Curros Enríquez, 4-2º de Ourense, CP 32003, até as 14,00 horas do día 16 de maio de 2016.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.