A Confederación do Miño-Sil limpa de residuos sólidos o río Barbaña no tramo máis próximo ao lugar de celebración da

Residuos Barbaña

A concienciación social e o respecto polos nosos ríos é a clave para mantelos libres de residuos

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, iniciou os traballos de retirada dos residuos sólidos urbanos presentes na canle e marxes do río Barbaña. Estas actuacións son acometidas polo Organismo de conca cunha pequena brigada que se encarga da retirada dos obstáculos que supoñan risco de avenidas ou inundacións nas canles, así como dos labores de conservación e limpeza dos mesmos.

O río Barbaña, polo seu carácter urbano e sobre todo pola súa proximidade á zona onde se desenvolve a "feira" dúas veces ao mes, de forma recorrente vese afectado por unha importante cantidade de residuos sólidos sobre todo plásticos e cartóns. A día de hoxe foron retirados centos de plásticos, botes, bolsas, restos de animais mortos, bandexas pequenas con restos de comida, entre outros obxectos.

15-12-03-Recogida-de-residuos-solidos-cauce-Barbana2

"Desde o Organismo de conca consideramos que a celebración da "Feira" é unha actividade moi importante para o desenvolvemento e economía da capital, aínda que, o fomento do respecto e a concienciación social polo coidado dos nosos ríos, sobre todo os urbanos, é a clave para o seu mantemento e goce" matizou Francisco Marín, presidente do Organismo de conca.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.