O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente finaliza as obras de mellora da EDAR de Xinzo de Limia (Ourense)

Visita EDAR Xinzo

Estas actuacións, cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros, permiten a depuración das augas residuais dunha  poboación estimada de 16.250 habitantes/equivalentes

Mellorouse a capacidade de eliminación de nutrientes para adaptarse aos parámetros de vertedura da Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) na que se sitúa a instalación

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), finalizou as obras de mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Xinzo de Limia (Ourense), nas que se investiron 1.139.000 euros.

O presidente do Organismo de conca, Francisco Marín, e o alcalde da localidade, Antonio Rodríguez, visitaron esta mañá a EDAR para ver in situ o resultado dos traballos, que foron financiados nun 80% polo Ministerio, a través da CHMS (que ademais executou as obras) e nun 20% pola Xunta de Galicia.

Esta actuación permitiu que a EDAR, deseñada nos anos 90, poida eliminar os nutrientes (fósforo e nitróxeno) das augas residuais, o que redundará no incremento da calidade das augas tratadas que se verten ao río Limia.

ACTUACIÓNS REALIZADAS

A EDAR, con capacidade de tratamento de 3.360 m3/día, poderá depurar as augas dunha poboación de 16.250 habitantes-equivalentes, e tamén se adaptou para que poida cumprir os parámetros de vertedura establecidos para a Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) na que se sitúa a instalación, minimizando o consumo de reactivos e priorizando a eliminación de nutrientes, sobre todo o fósforo, por vía biolóxica.

15-10-14-Visita-obras-EDAR-Xinzo-Ourense2

Ademais, foi adaptada tecnoloxicamente para diminuír o custo enerxético, mediante a instalación de sensores, de elementos deautomatización e xestión, e de variadores de frecuencia en motores, entre outras técnicas.

Por outra banda, os traballos permitiron substituír as reixas manuais da EDAR orixinal por automáticas e as bombas de elevación por outras con rodete, resistentes á abrasión de areas, con regulación de caudal. Tamén se executou un novo desarenador xunto ao existente, mantendo o actual como apoio.

En canto ao tratamento biolóxico, implementouse un novo sistema de aireación mediante soplantes, equipados con variador de frecuencia, e grellas de difusores de burbulla fina.

Estas melloras supoñen a optimización da xestión mediante monitoraxe en continuo dos parámetros principais (amonio, fósforo e demanda química de osíxeno) e permitirán a eliminación adicional de fósforo por vía biolóxica mediante cámara anaerobia previa, aproveitando a obra civil do decantador orixinal, que estaba en desuso.

15-10-14-Visita-obras-EDAR-Xinzo-Ourense3

Por último, aproveitouse o edificio existente manténdose como oficina e edificio de control e adecuándoo á normativa actual, complementándoo coa construción dun novo edificio de proceso que alberga parte do tratamento biolóxico, os cadros eléctricos e o novo grupo electrógeno de emerxencia que garante o funcionamento da EDAR no caso de que se produza un corte de enerxía de rede

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.