Os presidentes da Deputación Provincial e da CH do Miño-Sil visitan a nova ponte sobre o río Airoa nos Blancos (Ourense) no que ambas as institucións investiron 117.000 euros

Os Blancos

Substituíuse unha infraestrutura destruída polas continuas crecidas de caudal por outra nova adaptada aos condicionantes establecidos no Plan Hidrológico

O proxecto foi financiado ao 50% entre a CHMS e a institución provincial, mentres que o Concello dos Blancos puxo a disposición os terreos necesarios

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, finalizou as obras de construción dunha ponte sobre o río Airoa nos Blancos (Ourense), nas que se investiron máis de 117.000 euros, sufragados ao 50% coa Deputación Provincial.

Esta mañá, o presidente do organismo de conca, Francisco Marín, acompañado polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, e polo alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, supervisou o resultado final das actuacións.

O PROXECTO

Esta actuación consistiu na construción dunha obra de paso sobre o río Airoa que dá continuidade á estrada municipal que une as poboacións dos Blancos e Nóveas que, debido ás continuas crecidas de caudal, atopábase moi deteriorada, afectando mesmo á súa seguridade estrutural.

O novo pontón construído consta de 7,00 m de luz libre, 3,50 m de gálibo e 17,00 m de lonxitude, e ao estar situado nunha zona na que a achega de caudal do río Airoa é superior a 5 km2, foi dimensionada para un período de retorno de 500 anos e de resgardo maior de 0,50 m, tal e como establece a normativa para pontes e obras de drenaxe transversal de infraestruturas importantes, situadas en zona rural, sobre canles de considerados de ?certa entidade?.

A súa estrutura resolveuse mediante un marco de formigón armado executado ?in situ?, cunha laxa inferior de 50 cm de espesor, unha laxa superior de 60 cm de canto e uns hastiales de 40 cm de grosor. O marco está complementado coas correspondentes aletas para contención de terras construídas, igualmente, de formigón armado.

Como complemento ás actuacións descritas procedeuse á protección da zona de canle con técnicas de bioingeniería, utilizando unha empalizada de rollizos de madeira tratada que garante a estabilidade do terreo fronte á erosión da auga

.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.