A CHMS intensifica os traballos de limpeza dos ríos e arroios que discorren polo centro urbano de Ourense

Lonia

Neste momento, as actuacións desenvólvense no río Lonia ao seu paso polos núcleos de Mende e Lonia, até a súa desembocadura no Miño

Enmarcados na conservación e protección de canles programadas polo organismo para evitar inundacións e avenidas

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, traballa na limpeza e restauración da canle e marxes do río Lonia, no tramo urbano que discorre polos núcleos da Lonia e Mende (Ourense).

Estes traballos están enmarcados nas actuacións de restauración do Dominio Público Hidráulico (DPH) e mellora da conectividad lonxitudinal, para evitar inundacións e avenidas, programadas polo organismo de conca e nas que o Concello de Ourense está a colaborar activamente.

O obxectivo destes traballos é limitar os danos por inundacións na contorna urbana, realizando para iso a retirada manual e mecanizada de árbores caídas ou susceptibles de caer á propia canle, polo risco de que poidan ser arrastrados pola corrente e formar tapóns en puntos estreitos e infraestruturas de paso, o que provocaría desbordamentos e procesos erosivos nos noiros. Tamén se realizan limpezas selectivas de vexetación, eliminando o exceso de matogueira e a maleza acumulada na canle e marxes, procurando non danar a vexetación de ribeira ben conservada.

En breve comezarán tamén os traballos no río Miño, ao seu paso polo barrio de Vistahermosa, que darán continuidade ao conxunto de actuacións que realiza a CHMS en Ourense.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.