
Este borrador inclúe as 78 alegacións recibidas en prazo, así como a respostas da CH Miño-Sil a cada unha delas
Neste encontro a Xunta de Goberno aprobou tamén o proxecto de presuposto do Organismo de conca para o exercicio 2016, que ascende a 38,5 millóns de euros, e a memoria de actividade do ano 2014
Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, presidiu hoxe a reunión da Xunta de Goberno da Demarcación Miño-Sil para preparar os distintos asuntos que serán sometidos ao Consello da Auga da Demarcación do próximo mes de setembro. Entre outros temas decatouse do borrador do Plan Hidrolóxico 2015-2021, do presuposto previsto para o próximo exercicio e da Memora de Actividad do ano 2014.
PLAN HIDROLOGICO
Informouse os membros do órgano colegido que o borrador do Plan Hidrolóxico está moi avanzado e que, neste momento, se están a contestar as 78 alegacións recibidas en prazo que contén a totalidade das propostas, observacións e suxestións presentadas durante a fase de información pública, que finalizou o pasado 30 de xuño.
Por outra parte, o presidente do organismo comunicou que a mediados de agosto poderá ser consultada a versión consolidada do Plan que será sometida a conformidade do Comité de Autoridades Competentes (CAC) e a informe preceptivo do Consello da Auga da Demarcación (CAD), en senllas reunións previstas para o próximo 2 de setembro.
A proposta de proxecto de plan hidrolóxico, coa conformidade do Comité de Autoridades Competentes, terá que ser elevada ao Goberno a través do Ministerio antes do 31 de decembro deste ano, todo iso co ánimo de continuar avanzando o procedemento de planificación e dar cumprimento á normativa aplicable en materia de augas.
PRESUPOSTO PRÓXIMO EXERCICIO
A CHMS someteu á Xunta de Goberno o proxecto de presuposto para o próximo ano 2016, cifrado en 38,5 millóns de euros, dos que 21,7 millóns, que supoñen un 56%, se destinarán a investimentos.
A minoración do importe para investimentos con respecto a este exercicio 2015, que ascende a 45mill/€, estriba en que, polo momento, están sen aprobar os novos programas operativos rexionais de fondos europeos para o período 2014-2020, polo que se optou por non consignar os fondos inherentes ata que estes non sexan asignados formalmente ao Organismo de conca.
Neste mesmo sentido e para cubrir as necesidades que poidan xurdir, solicitouse autorización á Xunta de Goberno para solicitar préstamos, ata un máximo de 3,1 millóns de euros, necesarios para financiar os investimentos ata o efectivo ingreso dos fondos comunitarios, que financian investimentos do presente exercicio, así como do próximo ou de anteriores.
MEMORIA ACTIVIDADE 2014
Como nos anos precedentes, tamén se deu conta a Xunta de Goberno da Memoria das Actividades do Organismo de conca do pasado ano 2014, antes de facela pública a través da páxina web da Confederación Hidrográfica.
Cabe salientar que se continúa co esforzo para a redución do número de expedientes de xestión do dominio público hidráulico en tramitación pola Comisaría de Augas, dado que se resolveron 399 expedientes máis que os que se incoaron: 3545 resoltos fronte a 3156 novos expedientes incoados.