
Permitirán o control total das verteduras ao río Sar procedentes da rede de saneamento urbano do municipio e darase servizo a máis de 140.000 habitantes
O prazo de execución estímase en cinco meses e o importe da actuación é de 545.000 euros
O investimento total no saneamento de Santiago de Compostela supera os 36 millóns de euros
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), iniciou as obras de mellora do saneamento do río Sar, coas que se completará o saneamento xeral de Santiago de Compostela (A Coruña) e que permitirán dar servizo a máis de 140.000 habitantes.
Estes traballos suporán un investimento de 545.000 euros e completarán as obras executadas nos últimos anos para pór en servizo a totalidade das mesmas, conseguindo con iso o control das verteduras ao río Sar procedentes da rede de saneamento urbano de Santiago de Compostela.
Estas actuacións están incluídas no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e contan coa participación e o apoio das poboacións implicadas, co obxectivo de levar a cabo actuacións para a mellora ambiental da contorna dos ríos.
O Proxecto
O obxectivo destas actuacións é a posta en servizo do colector interceptor xeneral do río Sar, no tramo Pontepedriña-Ponche San Lázaro. Para iso executaranse as obras de conexión dos colectores xa construídos á rede actual, e poranse en servizo os aliviadoiros deste tramo e do que se construíu na obra do Cancelón.
Ademais, porase en funcionamento o disparador de enerxía construído no ano 1999. Para completar as actuacións, ampliarase o colector secundario de Pontepedriña, necesario tras a obra do túnel do Horreo executada polo Ministerio de Fomento.
As actuacións descritas comezarán durante a última semana de maio e estímase que os traballos concluirán a finais de outubro do presente ano.
Outras actuacións de saneamento en execución
Actualmente atópanse en execución as obras de remodelación do sistema de saneamento e o control das augas de tormenta das concas vertentes ao río Sar, no tramo comprendido entre Pontepedriña e a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Silvouta, que o Ministerio ten previsto finalizar durante o segundo semestre do 2015, e nas que se están investindo máis de 23 millóns de euros.
As actuacións consisten na execución dun tramo de interceptor xeral e diferentes colectores de secundarios que incorporarán as súas augas residuais ao interceptor, tras o seu paso por tanques de tormenta para o seu control e regulación, de modo que o caudal que transporta o interceptor estea regulado para o seu posterior tratamento na EDAR de Silvouta.
Ademais, para o control e regulación das concas vertentes recollidas polos colectores secundarios están a construírse seis aliviadoiros e catro arquetas de control.
As obras inclúen tamén a rehabilitación de dous quilómetros de colectores existentes para o seu aproveitamento como colectores secundarios ou de conexión entre as estruturas de control e o interceptor.