O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio e a Deputación de Ourense impulsan o proxecto termal transfronteirizo

Raia Termal

O obxectivo é contribuír á posta en valor dos espazos naturais e fomentar o turismo termal nacional e internacional de calidade, favorecendo así a actividade económica das poboacións limítrofes de Ourense e do norte de Portugal

Prevese investir preto de 2,5 millóns de euros para actuar en dous espazos transfronteirizos termais situados nas concas dos ríos Miño e Limia

Hoxe rubricouse o protocolo de colaboración entre a CHMS, a Diputacion provincial, os concellos ourensanos de Bande, Cortegada, Lobios e Muiños e as Cámaras portuguesas de Terras do Bouro e Melgaço

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio -a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS)- e a Deputación Provincial de Ourense impulsarán o proxecto de cooperación transfronteiriza "A Raia Termal", que ten como obxectivo a protección ambiental do patrimonio natural e fluvial vinculado aos recursos termais transfronteirizos. Hoxe tivo lugar a firma do protocolo de colaboración para promover o proxecto, durante un acto celebrado no Balneario Ríocaldo de Lobios, que estivo presidido polo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e rubricado polo presidente de CHMS, Francisco Marín, polo presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, polos alcaldes de Bande, Cortegada, Lobios e Muiños, José Antonio Armada, Avelino Luis de Francisco, Mª del Carmen Yañez e Prácido Álvarez, respectivamente, e polos presidentes das Cámaras Municipais portuguesas de Melgaço e Terras do Bouro, Manoel Batista e Joaquim José Cracel.

15-03-30-Protocolo-colaboracion-transfronterizo-proyecto-A-Raia-Termal1

PROXECTO

O obxectivo do proxecto é poñer en valor os espazos naturais e fomentar o turismo termal nacional e internacional de calidade nos ámbitos relacionados co ocio, a saúde e o patrimonio, favorecendo con iso a actividade económica das poboacións limítrofes de Ourense e do Norte de Portugal.

 15-03-30-Protocolo-colaboracion-transfronterizo-proyecto-A-Raia-Termal2

A través deste proxecto POCTEP desenvolveranse distintas accións encamiñadas á protección e conservación dos espazos naturais fronteirizos do Miño e do Sil, así como á mellora da calidade ambiental da auga en tramos transfronteirizos das concas do Limia e Miño, mediante o emprego tecnoloxías innovadoras.

15-03-30-Protocolo-colaboracion-transfronterizo-proyecto-A-Raia-Termal3
Tamén se creará unha rede que fomente a articulación dos recursos termais transfronteirizos raianos de Ourense e do Norte de Portugal de cara á súa valorización turística, potenciando, ademais, o desenvolvemento e promoción de itinerarios e produtos turísticos baseados nos recursos termais e naturais do espazo transfronteirizo do Miño e Limia.En concreto, prevese investir preto de 2,5 millóns de euros para actuar nestes dous espazos transfronteirizos termais situados nas concas dos ríos Miño e Limia.

15-03-30-Protocolo-colaboracion-transfronterizo-proyecto-A-Raia-Termal6

CANDIDATURA

A candidatura do proxecto "A Raia Termal" será presentada ao novo Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal -INTERREG V A-, que foi aprobado o pasado mes de febreiro, e que prevé apoiar proxectos transfronteirizos durante o período 2015-2020 por un importe total de 382 millóns de euros.

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.