O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio executa as obras de mellora da EDAR de Xinzo de Limia (Ourense) cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros

EDAR Xinzo de Limia

O Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, sufragará o 80%, mentres que a Xunta achegará o 20% restante

Con estas actuacións mellorarase a capacidade de eliminación de nutrientes da actual depuradora e poderase dar servizo a unha poboación estimada de 16.250 habitantes

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), está a executar as obras de "Mellora da capacidade de eliminación de nutrientes da EDAR de Xinzo de Limia (Ourense) " nas que se investirán 1.127.585 de euros, financiados nun 80% polo Ministerio e no 20% restante pola Xunta de Galicia.

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, supervisaron esta mañá os traballos, acompañados polo alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Rodríguez, polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, e polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, entre outras autoridades.

Esta actuación está incluída no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que contan coa participación e apoio cidadán das poboacións implicadas, co obxectivo de levar a cabo actuacións para a mellora ambiental do ámbito dos ríos, en concreto a conca do río Limia, augas arriba do Encoro Das conchas.


O PROXECTO

O obxectivo destas actuacións é mellorar a estación depuradora actual, deseñado nos anos 90, para posibilitar a eliminación de nutrientes (fósforo e nitróxeno), todo iso co obxectivo de incrementar a calidade das augas do río Limia.

Coa nova instalación, situada nunha Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), consumaranse os parámetros de vertedura adaptados a esta e minimizarase o consumo de reactivos, priorizando a eliminación de nutrientes, sobre todo o fósforo, por vía biolóxica.

AVANCES TECNOLÓXICOS

Por outra parte, a nova EDAR adaptarase tecnoloxicamente, introducindo os avances que proporcionarán unha considerable diminución do custo enerxético mediante a instalación de sensores, de elementos de automatización e xestión e de variadores de frecuencia en motores, entre outras técnicas.

Ademais, optimizarase a xestión da explotación mediante monitorización en continuo dos parámetros principais (amonio, fósforo e demanda química de osíxeno) e procederase á eliminación adicional de fósforo por vía biolóxica mediante cámara anaerobia previa aproveitando a obra civil do decantador orixinal, agora fóra de uso.

Por último, aproveitarase, no posible, a obra civil existente, manténdose como oficina e edificio de control e adecuándoo á normativa actual. Isto complementarase coa construción dun novo edificio de proceso que albergue parte do tratamento biolóxico, os cadros eléctricos e o novo grupo electróxeno de emerxencia, que garanta o funcionamento da nova instalación en caso de corte de enerxía de rede.

Co obxecto de minimizar e evitar riscos de vertedura durante o período de execución das obras, que se executarán en 6 meses, manterase a explotación da EDAR actual.

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.